Saltar ao contido

Eva Lootz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEva Lootz
Biografía
Nacemento1940 Editar o valor en Wikidata (83/84 anos)
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultora , artista visual Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata

Páxina webevalootz.net Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1029395

Eva Lootz, nada en Viena en 1940, é unha artista plástica austríaca nacionalizada española[1] residente en España desde 1967.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En Austria, Lootz cursa estudos de Belas Artes, Filosofía, Musicoloxía e licénciase en Dirección de Cinema e Televisión. Con todo, a súa traxectoria artística desenvolveuse principalmente en España. Vive e traballa en Madrid desde 1965.

Máis coñecida polas súas esculturas, Lootz traballou con diferentes linguaxes artísticas como a instalación, o debuxo, o gravado, a fotografía e o vídeo. A súa obra, polo xeral instalacións, adoita interpretarse como unha reflexión sobre a intervención humana na natureza. Traballa con materiais como o mercurio, o carbón, a area ou a madeira cos que constrúe un discurso ao redor da memoria, ao tempo e aos problemas esenciais do ser humano.[3]

Eva Lootz recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1994,5​e a súa obra pode atoparse hoxe en prestixiosas coleccións, privadas e públicas. Foi profesora na Facultade de Belas Artes de Cuenca no seu primeiros oito anos de andaina e impartiu cursos e conferencias en Facultades de Belas Artes de España, Suecia e Estados Unidos.[4]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]