Juan Navarro Baldeweg
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1939 (85 anos) Santander, España |
Catedrático de universidade Universidade Politécnica de Madrid | |
Datos persoais | |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - posgrao (1974–) Universidade Politécnica de Madrid - doutoramento (–1969) Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e Urbanismo |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | arquitecto, escultor, pintor, profesor universitario |
Período de actividade | 1969 - 2016 |
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Juan Navarro Baldeweg , nado en Santander (Cantabria) en 1939, é un arquitecto, pintor e escultor español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse en 1965 pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM) da Universidade Politécnica de Madrid, onde tamén se doutorou en 1969. Entre 1959 e 1960 estudou gravado na Escola de Belas Artes de San Fernando. Compaxina a súa carreira como arquitecto co estudo e a práctica da pintura e a escultura.
Nos seus comezos profesionais traballou no estudio do arquitecto Alejandro de la Sota.
En 1974 obtivo unha bolsa da Fundación Juan March para realizar estudos de posgrao no Center For Advanced Visual Studies do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en Cambridge (Massachusetts), onde foi alumno de Gyorgy Kepes.
O seu traballo arquitectónico relaciónase co dos seus contemporáneos Álvaro Siza Vieira e Rafael Moneo.
É membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Academia Europea de Ciencias e Artes.
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]Arquitectura
[editar | editar a fonte]- Casa de la lluvia, Liérganes, España (1978-1982).
- Centro de Servizos Sociais e Biblioteca na Puerta de Toledo, Madrid, España (1985-1992).
- Palacio de Congresos e Exposicións de Salamanca, España (1985-1992).
- Recinto Feiral en Silleda, Pontevedra (1992).
- Museo das Covas de Altamira, Santillana del Mar (1995-2000).
- Centro de Investigación, Museo da Evolución Humana e Pazo de Congresos en Burgos (2000-2009).
Artes plásticas
[editar | editar a fonte]- Instalación Luz y metales (1976).
- Serie Figuras en la copa de cristal.
- Serie Manos.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1998 Medalla de Ouro Heinrich Tessenow.
- 2007 Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes.[1]
- 2008 Medalla de Ouro da Arquitectura.[2]
- 2012 Premio Tomás Francisco Prieto.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE 9 xuño de 2007
- ↑ Acta do Xurado Medalla de Ouro da Arquitectura 2008[Ligazón morta]
- ↑ "Juan Navarro Baldeweg gana el Tomás Francisco Prieto 2012". Museo Casa de la Moneda. 23 de novembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Juan Navarro Baldeweg en epdlp.com (en castelán).
- Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán).