Evaristo Candelas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1916 Galera, España |
Morte | febreiro de 1988 (71 anos) París, Francia |
Actividade | |
Ocupación | maquis, militar |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Evaristo Candelas Pérez, coñecido como Evaristo ou Ángel Franco, nado en Galera (Granada) o 19 de setembro de 1916[1] e finado en París en febreiro de 1988, foi un militar e guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ingresou voluntario na Mariña en xuño de 1936. Desertou e quixo ir a Asturias con Antonio Molins Valls, Ramón Vizoso e Demetrio. Foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Integrouse no grupo Neira. En 1942, coa axuda de Demófilo Pedreira Rumbo e outros militantes comunistas, foi operado de apendicite nunha clínica privada da Coruña e permaneceu oculto 20 días coa falsa identidade de Ángel Franco. Participou con Leonardo Gómez Pérez no axustizamento do xefe da Falange de Viveiro, Manuel Trobo Rivera, o 13 de xaneiro de 1946.[2] O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia coa súa compañeira Lola xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Vivía en París cando foi indultado o 15 de xuño de 1967.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Candela, Evaristo
- ↑ Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. p. 159. ISBN 84-87783-79-1.