Saltar ao contido

Evaristo Freiría Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEvaristo Freiría Fernández
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor en Wikidata
Randufe, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (34/35 anos)
Prado, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3233

Evaristo Freiría Fernández, nado en Randufe (Tui) en 1901 e finado en Prado (Ponteareas) o 14 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Empregado da Avícola do Porriño. Presidente da Casa do Pobo do Porriño. En maio de 1934 foi detido con Severiano Castillo Alonso, Modesto Martínez Lemos, Albino Fernández Castro, Camilo Fernández Castro, Ventura Fernández Castro, Manuel Rodríguez Sequeiros, Saturnino Álvarez Sotelino e Atilano Fernández Gamallo, polos sucesos do apedramento e rotura de cristais da igrexa parroquial do Porriño o 1 de maio, que derivou nun conflito con folga xeral e carga dos gardas de asalto.[1] Xulgados en Pontevedra ante o Tribunal de Urxencia, foron absoltos.[2][3]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O Xulgado militar de Tui citouno para que se presentase a principios de setembro xunto con Eduardo Fernández Miniño, Severiano Castillo Alonso, Antonio Alonso Ríos, Hermenegildo Losada Loureiro, Guillermo Vicente Santiago, Manuel Romero González, Ulpiano Benito Piña, José Felipe Muñoz, Jesús González González e José Bernardo Pérez Alonso.[4] Foi declarado en rebeldía en causa militar. Foi detido no monte con Severiano Castillo a finais de agosto. Torturado, foi asasinado en Cordo, na parroquia de Prado do concello de Ponteareas, o 14 de setembro de 1936.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Cabaleiro Diz, e foi pai de Segundo, Eugenia, Agustín, Mariano, Isidoro, María Victoria, Evaristo, Luís e Germán Freiría Cabaleiro.

  1. El Pueblo Gallego, 25-5-1934, p. 11.
  2. El País, 25-5-1934, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 26-5-1934, p. 13.
  4. El Pueblo Gallego, 6-9-1936, p. 8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]