Hermenegildo Losada Loureiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 Maceira, España |
Morte | 1985 (85/86 anos) México |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Familia | |
Irmáns | Marcelino Losada Loureiro |
Hermenegildo Losada Loureiro, nado en Maceira (Covelo) en 1899 e finado en México en 1985, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1925. Instalouse en Tui, onde dirixiu o o Sanatario Losada. Foi fundador do Círculo Socialista de Tui. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou fuxir a Portugal co farmacéutico Ulpiano Piña. Logo pasou a Francia e dende alí á zona republicana. Instalouse en Valencia onde participou con outros correlixionarios na creación do Grupo de Socialistas Galegos.[1] Foi xefe de sanidade da 11ª Brigada Mixta. Foi xulgado en dous procesos militares, sendo declarado en rebeldía. Abríronlle expediente de responsabilidade civil en 1938.[2] Pasou a Francia, onde estivo internado nos campos de concentración de Le Barcarés e Bram.[3]
Logo puido exiliarse co seu irmán Marcelino en México, chegando a Veracruz no buque Ipanema en xullo de 1939. En México exerceu a súa profesión co seu irmán e abriron unha clínica médico-cirúrxica na cidade de México. Tamén foi profesor no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón, dirixido por Pedro Martul Rey. En México estivo en contacto co grupo dos socialistas galegos no exilio. Regresou varias veces a Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Socialista, 8.531, 31-7-1937, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 3-8-1938, p. 2.
- ↑ Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Simón Lorda, David (2010). "Os nomes do exilio (médico, republicano, galego)" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 17: 264–270. Consultado o 12 de marzo de 2018.