Exarcado apostólico católico ucraíno de Alemaña e Escandinavia
Aparencia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 65.000 (1969) (0,04 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua ucraína | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.574.123,91 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1959 | ||||
Catedral | Kathedrale Maria Schutz und St. Andreas (en) | ||||
Sitio web | ukrainische-kirche.de |
O exarcado apostólico de Alemaña e Escandinavia (en latín: Exarchatus Apostolicus Germaniae et Scandiae) é unha sé da Igrexa Católica Bizantina Ucraína inmediatamene suxeita á Santa Sé. En 2010 tiña 44.520 bautizados. O seu exarca apostólico é Bohdan Dziurakh.
Territorio
[editar | editar a fonte]O exarcado apostólico estende a súa xurisdición sobre todos os fieis da Igrexa Católica Bizantina Ucraína en Alemaña, Dinamarca, Suecia, Finlandia e Noruega.
A sé do exarcado é a cidade de Múnic, onde está a catedral de Santa María Virxe e de Santo André apóstolo. O territorio está organizado en 18 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]O exarcado apostólico foi erixido o 17 de abril de 1959 coa bula Cum ob immane do papa Xoán XXIII.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Platon Volodyslav Kornyliak (17 de abril de 1959 - 16 de decembro de 1996, retirado)
- Petro Kryk (20 de novembro de 2000 - 18 de febreiro de 2021, retirado)
- Bohdan Dziurakh (dende o 18 de febreiro de 2021)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en alemán) (en ucraíno)
- Perfil en GCatholic.org (en inglés)
- Perfil en Catholic-Hierarchy.org (en inglés)