Arquieparquía maior de Kíiv-Galicia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Poboación | ||||
Lingua usada | lingua ucraína | |||
Relixión | catolicismo | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Sitio web | kyiv.ugcc.org.ua |
A arquieparquía maior de Kíiv-Galicia é a única arquieparquía maior e sé da Igrexa católica bizantina ucraína, sendo o arcebispo maior actual .
Xurisdición territorial
[editar | editar a fonte]O arcebispo maior de Kíiv-Galicia ten xurisdición patriarcal ordinaria sobre todas as dioceses da Igrexa católica bizantina ucraína, dun xeito similar á xurisdición que ten o papa sobre a Igrexa latina, mais non sobre a totalidade da Igrexa católica.[1] O arcebispo maior é tamén o metropolita da arquieparquía de Kíiv, sé propia del. Ademais, ten o título de bispo de Kamianets dos Ucraínos.
Das eparquías ucraínas, dependen directamente do arcebispo maior de Kíiv-Galicia os exarcados arquiepiscopais de Khárkiv, Crimea, Donetsk,[2] Odesa[3] e Lutsk[4].
Historia
[editar | editar a fonte]A provincia eclesiástica existe dende o século X, cando foi estabelecida a metrópole polo patriarca de Constantinopla antes do Gran Cisma de Oriente, logo da conversión do gran duque de Kíiv san Vladimiro o Grande no ano 988.
Logo da invasión mongol que devastou Kíiv no século XIII, en 1303 creouse unha segunda metrópole en Galicia, grazas aos esforzos do rei León I de Galicia e do seu fillo Xurxo. Existiu durante a maior parte do século XIV, mais estivo vacante dende 1401 xa que o metropolitano de Kíiv tomou o título.
Durante o século XV os metropolitanos traballaron conxuntamente co patriarca de Constantinopla para tentar restabelecer a unidade cristiá e en 1439 participaron na Unión de Florencia. En 1596 a Metrópole entrou na Unión de Brest, restabelecendo a plena comuñón coa Santa Sé, aínda que isto lle supuxo unha profunda división interna.
Logo das particións de Polonia a finais do século XVIII, a maior parte do territorio ruteno (as actuais Ucraína e Belarús) quedou baixo dominio ruso, onde a Igrexa católica Bizantina foi gradualmente suprimida en 1839. Porén, a Igrexa sobreviviu na Galicia baixo dominio austríaco, onde a metrópole de Galicia foi restabelecida, coa prerrogativa de administrar a sé vacante de Kíiv, en base á eparquía de Lviv, estabelecida polo papa Pío VII en 1807.
En 1939 Galicia caeu baixo dominio soviético, e en 1946 a estrutura eclesiástica local foi sometida á Igrexa ortodoxa rusa. En 1963 o metropolitano, residindo en Roma, foi elevado ao rango de arcebispo maior, con dereitos equivalentes aos de patriarca, mais sen nomealo como tal para non provocar represións contra a Igrexa clandestina en Ucraína e non complicar as relación ecuménicas co patriarcado ecuménico de Constantinopla.[5]
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]Metropolitas de Kíiv
[editar | editar a fonte]Coa Unión de Brest, a metrópole de Kíiv, Galicia e toda a Rus rompeu relacións coa Igrexa ortodoxa de Constantinopla e entrou en comuñón coa Igrexa católica, creando o que hoxe é a Igrexa católica bizantina ucraína. Dende ese momento, os metropolitas de Kíiv foron os seguintes:
- Michal Rahoza (1596-1599)
- Ipatii Potii (1600-1613)
- Yosyf Veliamyn Rutskyi (1613-1637)
- Rafail Korsak (1637-1640)
- Antin Seliava (1641-1655)
- Havryil Kolenda (1666-1674)
- Kypriian Zhokhovskyi (1674-1693)
- Lev Zalenskyi (1694-1708)
- Yurii Vynnytskyi (1708-1713)
- Lev Kyshka (1714-1729)
- Atanasii Sheptytskyi (1729-1746)
- Floriian Hrebnytskyi (1748-1762)
- Pylyp Volodkovych (1762-1778)
- Lev Sheptytskyi (1778-1779)
- Yason Smohozhevskyi (1780-1786)
- Teodosii Rostotskyi (1787-1805)
En 1807 a Igrexa católica ucraína foi dividida en dous para separar os territorios baixo o Imperio Ruso (Metrópole de Kíiv) dos gobernados pola monarquía dos Habsburgo, elevando á eparquía de Lviv ao rango de metrópole e dándolle os mesmos dereitos que a de Kíiv.
Os metropolitas de Kíiv entre 1807 e 1838 foron os seguintes:
- Irakly Lisovsky (1808-1809)
- Hryhory Kokhanovich (1809-1814)
- Yosafat Bulhak (1818-1838)
Logo do Sínodo de Polatsk (1838) a Igrexa católica bizantina foi abolida forzosamente no territorio do Imperio Ruso, e as súas propiedades e o seu clero transferidos á Igrexa ortodoxa rusa.
Metropolitas de Lviv
[editar | editar a fonte]Ao mesmo tempo, os metropolitas de Lviv foron os seguintes:
- Antin Anhelovych (1808-1814)
- Mykhailo Levytskyi (1816-1858)
- Hryhorii Yakhymovych (1859-1866)
- Spyrydon Lytvynovych (1866-1869)
- Yosyf Sembratovych (1870-1882)
- Sylvestr Sembratovych (1882-1898)
- Yulian Sas-Kuilovskyi (1899-1900)
- Andrei Sheptytskyi (1900-1944)
- Yosyf Slipyi (1944-1963)
Arcebispos maiores de Lviv
[editar | editar a fonte]Na década de 1960 o cardeal Yosyf Slipyi, metropolita de Lviv, pediu a elevación da sé ao rango de patriarcado. O papa Paulo VI respondeu elevándoa en 1963 ao rango de arcebispado maior, o que dáballe a mesma autonomía que as igrexas patriarcais, aínda que sen o título.
- Yosyf Slipyi (1963-1984)
- Myroslav Ivan Liubachivskyi (1984-2000)
- Liubomyr Huzar (2000-2005)
Arcebispos maiores de Kíiv-Galicia
[editar | editar a fonte]En 2005 uníronse novamente as metrópoles de Kíiv e Lviv, e a sé foi transferida dende Lviv a Kíiv, tomando dende entón os primados o título actual.
- Liubomyr Huzar (2005-2011)
- Sviatoslav Shevchuk (2011-actualidade)
Notas e referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Matthew Bunson (2008). 2009 Catholic Almanac. p. 274. ISBN 9781592764419.
- ↑ Ukrainian Archiepiscopal Exarchate of Donets’k–Kharkiv
- ↑ Ukrainian Archiepiscopal Exarchate of Odessa–Krym
- ↑ Ukrainian Archiepiscopal Exarchate of Lutsk
- ↑ VARIOS (2011). University of Ottawa Press, ed. Vatican II: Experiences Canadiennes - Canadian Experiences. p. 249. ISBN 9782760307636.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Arquieparquía de Kíiv, sé do arcebispo maior de Kíiv-Galitsia (páxina oficial), (en ucraíno) (en ruso).
- Major Archeparchy of Kyiv-Halyč en Catholic-Hierarchy.org, (en inglés).