Liubomyr Huzar
Nome orixinal | (uk) Любомир Ярославович Гузар |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de febreiro de 1933 Lviv, Ucraína |
Morte | 31 de maio de 2017 (84 anos) Kniazhychi, Ucraína (en) |
Arcebispo católico | |
6 de decembro de 2004 – 10 de febreiro de 2011 ← Vasylii Ihor Medvit – Sviatoslav Shevchuk → | |
Cardeal | |
21 de febreiro de 2001 – | |
Bispo auxiliar | |
14 de outubro de 1996 – | |
Bispo titular | |
22 de febreiro de 1996 – Diocese: Nisa in Lycia (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Fordham Universidade Católica de América Pontificia Universidade Urbaniana |
Actividade | |
Campo de traballo | Church‘s ministry (en) , teologia dogmática (pt) e monkish life (en) |
Ocupación | bispo católico (1977–), sacerdote católico (1958–), monxe, sacerdote católico, profesor universitario, teólogo |
Consagración | Yosyf Slipyi |
Participou en | |
abril de 2005 | conclave de 2005 |
Premios | |
Liubomyr Huzar (en ucraíno: Любомир Гузар), nado en Lviv o 26 de febreiro de 1933 e finado o 31 de maio de 2017, foi un arcebispo e cardeal ucraíno, arcebispo maior da Igrexa Católica Bizantina Ucraína entre 2001 e 2011.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Liubomyr Huzar, fillo de Yaroslav e Rotyslava, de apelido de solteira Demezuk, naceu en Lviv o 26 de febreiro de 1933, onde cursou a súa educación básica.[1][2][3] Durante a segunda guerra mundial a familia tivo que deixar Ucraína, e inicialmente trasladouse a Austria, continuando Liubomyr os seus estudos en Salzburgo.[3][1] En 1949 emigrou cos seus pais aos Estados Unidos.[2][3][1] Estudou Filosofía no Seminario Católico Ucraíno de San Basilio até 1954 e Teoloxía na Universidade Católica de América.[2][3][4][1]
Foi ordenado sacerdote da exarcado apostólico de Stamford o 30 de marzo de 1958 polo seu bispo, Ambrosii Senyshyn.[3][4][1] Inicialmente traballou como profesor no seminario de Stamford, exercendo o seu ministerio en Kerhonkson, Soyuzivka e Ellenville.[4][1] Ao mesmo tempo ampliou os seus estudos no eido filosófico na Universidade de Fordham, graduándose en 1967.[4] En 1969 marchou a Roma onde se doutorou en Teoloxía pola Pontificia Universidade Urbaniana, cunha tese baixo a dirección de Janez Vodopivec co título "Andrej Sheptycky, Metropolitan of Halych 1900-1944: a pioneer of Ecumenism".[5][3][4][1]
En 1972 entrou no mosteiro de San Teodoro dos estuditas en Grottaferrata,[3][4] e o 24 de xuño de 1973 profesou como membro da orde dos Monxes Estuditas Ucraínos.[1] O 2 de abril de 1977 foi ordenado bispo por Yosyf Slipyi no mosteiro estudita de Castel Gandolfo.[4][3][1] A consagración foi realizada en segredo por mor das sospeitas de Slipyi de que a Santa Sé estaba a evitar calquera enfrontamento coas autoridades soviéticas, e Slipyi decidiu asegurar o futuro da Igrexa ucraína coa consagración de tres bispos.[3][6]
O mesmo Slipyi nomeouno en 1978 arquimandrita do mosteiro de San Teodoro e responsable dos mosteiros estuditas fóra de Italia.[3][4][1] Por outra banda, entre 1973 e 1984 foi profesor da Pontificia Universidade Urbaniana.[3][4]
O 22 de febreiro de 1996 foi nomeado bispo titular de Nisa in Lycia, e o 2 de abril seguinte foi nomeado exarca arquiepiscopal de Kíiv-Vyshhorod.[3] Porén, ao pouco tempo, o 14 de outubro foi nomeado bispo auxiliar de Lviv, onde estaba a sé arquiepiscopal.[3][4][1]
O 25 de xaneiro de 2001 o Sínodo da Igrexa Católica Ucraína elixiuno como arcebispo maior de Lviv, e confirmado polo papa Xoán Paulo II ao día seguinte.[3][4][1] O mesmo papa creouno cardeal o 21 de febreiro seguinte, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Sofia a Via Boccea.[3][4][1]
O 29 de agosto de 2005 a sé arquiepiscopal maior foi trasladada a Kíiv, tomando entón o título de “Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia”.[3][4] Renunciou ao goberno da Igrexa ucraína o 10 de febreiro de 2011.[3][4] Logo da súa renuncia continuou a súa actividade como figura pública.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]- Andrej Sheptycky, Metropolitan of Halych 1900-1944: a pioneer of Ecumenism [Andrej Sheptycky, metropolitano de Halych 1900-1944: un pioneiro do ecumenismo] (en inglés). Roma: Pontificia Universidade Urbaniana. 1972.
- Ecumenical mission of the Eastern Catholic Churches in the vision of Metropolitan Sheptycky [Misión ecuménica das igrexas católicas orientais na visión do metropolitano Sheptycky] (en inglés). Roma: Pontificia Universidade Urbaniana. 1975.
- У пошуках гармонії U poshukakh harmonii [En busca da harmonía] (en ucraíno). Lviv: Інститут історії церкви. 2001.
- Проповіді Блаженнішого Любомира, Верховного Архиєпископа Києво-Галицького Propovidi Blazhennishoho Liubomyra, Verkhovnoho Arkhyiepyskopa Kyievo-Halytskoho [Sermóns de Súa Beatitude Liubomyr, Arcebispo Maior de Kíiv-Halych] (en ucraíno). Lviv: Друкарські куншти. 2006.
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]Foi nomeado doutor honoris causa en Letras Humanísticas pola Universidade Católica de América en 2007.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 Adinolfi, Mario (2005). Il conclave: storia, regole e protagonisti dell'elezione più misteriosa del mondo (en italiano). HALLEY Editrice. pp. 163–164. ISBN 9788875890711.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Ivan Katchanovski, Zenon E. Kohut, Bohdan Y. Nebesio, Myroslav Yurkevich (2013). Historical Dictionary of Ukraine. Scarecrow Press. pp. 230–231. ISBN 9780810878471.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 Leído por Sviatoslav Shevchuk no funeral de Liubomyr Huzar, preparado por Borys Gudziak. "Patriarch Lubomyr Husar – a true moral authority". Information Resource of Ukrainian Greek Catholic Church (news.ugcc.ua) (en inglés). 6 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2020. Consultado o 6/11/2018.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 "UGCC marks 55th anniversary of priestly ordination of Archbishop emeritus Lubomy Husar". 1 de abril de 2013.
- ↑ Husar, Lubomyr (1972). Andrej Sheptycky, Metropolitan of Halych 1900-1944: a pioneer of Ecumenism. Pontificia Universidade Urbaniana.
- ↑ Os outros dos bispos consagrados canda el foron Ivan Khoma e Stepan Chmil.
- ↑ "Catholic University Mourns the Passing of Cardinal Lubomyr Husar". The Catholic University of America (en inglés). 2 de xuño de 2017.
Cardinal Husar was a University alumnus and the recipient of an honorary degree in 2007. Catholic University bestowed upon Cardinal Husar the Doctor of Humane Letters, honoris causa, describing him as “an example to all Christians called to place their trust in the Lord.”
- ↑ "Honorary Degrees Conferred by The Catholic University of America" (PDF). The Catholic University of America (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12/08/2018. Consultado o 30/11/2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Yosafat Bulhak (Como último metropolita de Kíiv antes da supresión forzada da Igrexa Católica Ucraína nos territorios do Imperio Ruso no Sínodo de Polotsk) |
Exarca arquiepiscopal de Kíiv-Vyshhorod 1996 |
Sucesor: Mykhailo Koltun |
Predecesor: Myroslav Ivan Liubachivskyi |
Arcebispo de Lviv dos Ucraínos 2001 – 2004 |
Sucesor: Ihor Vozniak |
Predecesor: Myroslav Ivan Liubachivskyi |
Arcebispo Maior de Lviv 2001 – 2005 |
Sucesor: (Traslado da sé a Kíiv) |
Predecesor: Vasylii Ihor Medvit |
Arcebispo de Kíiv dos Ucraínos 2004 – 2011 |
Sucesor: Sviatoslav Shevchuk |
Predecesor: (Traslado da sé dende Lviv) |
Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia 2005 – 2011 |
Sucesor: Sviatoslav Shevchuk |
Predecesor: Myroslav Ivan Liubachivskyi |
Cardeal-Presbítero de Santa Sofia a Via Boccea 2001 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |
- Nados en Lviv
- Nados en 1933
- Finados en 2017
- Arcebispos católicos de Ucraína
- Arcebispos da Igrexa católica bizantina ucraína
- Bispos católicos do século XX
- Bispos católicos do século XXI
- Primados da Igrexa católica bizantina ucraína
- Cardeais de Ucraína
- Cardeais creados por Xoán Paulo II
- Estuditas ucraínos
- Relixiosos católicos de Ucraína
- Alumnos da Pontificia Universidade Urbaniana
- Alumnos da Universidade Católica de América
- Doutores honoris causa pola Universidade Católica de América