Yosyf Rutskyi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1574 ↔ 1 de abril de 1575 Q9324178 |
Morte | 5 de febreiro de 1637 (62/63 anos) Derman, Ucraína (en) |
Lugar de sepultura | Vilnius |
Metropolitano de Kíiv | |
8 de agosto de 1613 – ← Ipatii Potii – Mikołaj Korsak → | |
Polish elector (en) | |
Q1339318 | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Metrópole de Kíiv, Galicia e toda Rusia |
Educación | Pontificio Colexio Grego de San Atanasio |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, presbítero greco-católico |
Orde relixiosa | Orde de San Basilio Magno |
Consagración | Ipatii Potii |
Participou en | |
27 de setembro de 1632 | 1632 Polish–Lithuanian royal election (en) |
Familia | |
Familia | Q107349429 |
Pais | Q107349423 e Q107349473 |
Descrito pola fonte | Russian Biographical Dictionary (en) Polish Biographical Dictionary (en) |
Yosyf Veliamyn Rutskyi (en ucraíno: Йосиф Велямин Рутський; en polaco: Józef Welamin Rucki[1]; en belaruso: Іосіф Вельямін Руцкі[2]), nado en 1574 en Ruta (hoxe no distrito de Navahrudak, Belarús) e finado o 5 de febreiro de 1637, foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, metropolita de Kíiv e Galicia dende 1613 até a súa morte en 1637.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Ruta, preto de Navahrudak (entón parte do Gran Ducado de Lituania, hoxe en Belarús), nunha familia orixinalmente ortodoxa mais conversa pouco despois ao calvinismo. Comezou os seus estudos en escolas calvinistas de Niasviž e Vilnius. Arredor de 1590, cando estudaba na Universidade Carolina de Praga e baixo influencia dos xesuítas, converteuse ao catolicismo, adoptando o catolicismo latino. Entre 1593 e 1596 estudou Filosofía na Universidade de Würzburg, e a partir de 1603 no Colexio Grego de Santo Atanasio de Roma. A petición de Clemente VIII, pasou ao rito bizantino.
A súa volta a Lituania, traballou en Vilnius (entón principal sé da Igrexa ucraína) xunto ao metropolita Ipatii Potii, e alí fundou unha escola de preparación para o sacerdocio. Entre 1605 e 1606 viviu en Moscova co legado papal Paulo Simeón, e á súa volta a Roma presentou ao papa Paulo V un programa de reforma relixiosa da Igrexa católica ucraína. Á súa volta a Vilnius ingresou no mosteiro da Santa Trindade (1607), onde foi ordenado e tomou o nome relixioso de "Yosyf" (1608). En 1613 foi consagrado bispo, e á morte de Ipatii Potii foi nomeado metropolita.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bulhakaŭ, Valer (2006). Geopolityczne miejsce Białorusi w Europie i świecie. p. 11. ISBN 978-83-60694-02-2.
- ↑ Беларускія пісьменнікі: Івашын-Кучар. Бел. энцыклапедыя ім. Петруся Броўкі. 1994. p. 16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Назарко, Іриней-Іван Іванович (1962). Київські і Галицькі митрополити: біографічні нариси (1590-1960). Analecta OSBM. Serie 2. Sectio 1. Roma. OCLC 54007358.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Ipatii Potii |
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 1613 - 1637 |
Sucesor: Rafail Korsak |