Saltar ao contido

Casa de Habsburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Monarquía dos Habsburgo»)
Casa de Habsburgo
Haus Habsburg
PaísAustria, Sacro Imperio Romano Xermánico, Sur de Italia, España, Hungría-Croacia, Bohemia, Inglaterra-Irlanda (Jure uxoris), Portugal, México, Bosnia e Hercegovina e Eslovenia
Títulos
FundadorRadbot, Conde de Habsburgo
FundaciónSéculo XI
DisoluciónEspaña:
1700 - Carlos II morreu sen descendencia, a pesar de que a dinastía prosegue a partir da descendencia de Xoán Xosé de Austria (único fillo ilexítimo que Filipe IV recoñece), e Carlos Fernando de Austria e Manrique.
Austria e Bohemia:
1780 - María Tareixa, sendo o último membro, sucedeuna seu fillo como xefe da casa de Habsburgo-Lorena.
Ramas menores
  • Habsburgo-Lorena
  • Rama Albertina
  • Rama Leopoldina

A Casa de Habsburgo (en alemánHaus Habsburg[haʊ̯s ˈhaːpsˌbʊʁk] (AFI)de-Haus Habsburg.ogg escoitar, en castelán: Casa de Habsburgo, en húngaro: Habsburg család, en italiano: Casa d'Asburgo, en neerlandés: Huis van Habsburg, en polaco: dom Habsburgów, en portugués: Casa de Habsburgo, en latín: Domus Habsburgensis, en francés: Maison de Habsbourg, en inglés: House of Habsburg), tamén coñecida como a Casa de Austria (en alemánHaus Österreich[haʊ̯s ˈøːstəʁaɪ̯ç] (AFI)de-Haus Österreich.ogg escoitar, en castelán: Casa de Austria, en húngaro: Ausztria Háza, en italiano: Casa d'Austria, en neerlandés: Huis van Oostenrijk, en polaco: dom Austrii, en portugués: Casa da Áustria, en latín: Domus Austriæ, en francés: Maison d'Autriche, en inglés: House of Austria) é unha das dinastías máis destacadas da historia europea.

A familia tivo a súa orixe no século XII e o nome deriva de Habichtsburg, o castelo do falcón, a súa morada oficial, construído no 1020, na actual Suíza. En tempos actuais, o cabeza da dinastía foi o príncipe Odón de Habsburgo (1912-2011), e o xefe da casa, o seu fillo o arquiduque Carlos de Habsburgo-Lorena, desde 2007.

Os Habsburgo foron:

Outras coroas controladas brevemente pola casa foron:

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O nome Habsburgo provén do castelo suízo Habichtsburg (castelo do falcón), que era a residencia familiar dos Habsburgo durante os séculos XI, XII e XIII, no que hoxe é o Cantón de Argovia, no antigo ducado de Suabia, na actual Suíza (Suíza non existía entón na súa forma actual, e as terras suízas formaban parte principalmente do Sacro Imperio Romano Xermánico).

Escudo de armas dos primeiros condes de Habsburgo.

Desde o suroeste de Alemaña (principalmente Alsacia —hoxe en Francia—, Brisgovia, Argovia e Turgovia) a familia estendeu a súa influencia e asentamentos até os extremos do sueste do Sacro Imperio Romano Xermánico, aproximadamente o que é hoxe en día Austria (1278-1382).

En só dúas ou tres xeracións, os Habsburgo lograran obter un alcance inicialmente intermitente no trono imperial que duraría séculos (1273-1291, 1298-1308, 1438-1740 e 1745-1806).

A casa de Habsburgo subiu por primeira vez ao trono imperial con Rodolfo IV, que reinaría como Rei de romanos desde o 29 de setembro de 1273 ao 15 de xullo de 1291 como Rodolfo I.

En 1278, tras a derrota e morte do rei de Bohemia Otokar II na batalla de Dürnkrut, o Rei de romanos (non chegou a ser coroado emperador do Sacro Imperio) obtivo os ducados de Austria e de Istria, que deu aos seus fillos. Deste xeito foi como Rodolfo I iniciou o dominio da familia sobre Austria.

Morto Rodolfo I, os Habsburgo non puideron manterse no poder do Sacro Imperio. Alberte, o seu fillo, sucedeuno en 1298 como Alberte I, pero foi asasinado en 1308.

Afastados pola poderosa casa de Luxemburgo, os Habsburgo foron excluídos dos asuntos do Imperio. Cando a Bula de Ouro (constitución selada de ouro, dada polo soberano do Sacro Imperio) fixou en 1356 os sete principes electores do emperador, os Habsburgo non estiveron na lista.
As súas terras suízas estaban ameazadas pola acabada de nacer Confederación Helvética.
Por outro lado, a conquista da Carniola en 1335, do Tirol en 1363, dunha parte de Istria en 1374 e de Trieste en 1382 consolidaría o ducado da Austria, base do seu poder.

Segundo o costume xermánico, os territorios dos Habsburgo foron repartidos entre os diversos membros da familia. En 1379 separouse unha rama Albertina e outra Leopoldina, a cal terminaría recollendo en 1490 a herdanza completa. Estas divisións provocaron conflitos, enfraquecendo o poder dos príncipes e reforzando o das Dietas locais que, cada vez máis dominadas pola nobreza, comezaron a elaborar a súa administración propia.

A extinción da casa de Luxemburgo permitiu aos Habsburgo recuperar a coroa imperial. As eleccións de Alberte II como Rei de romanos en 1438 e de Frederico III como Rei de romanos en 1440 (coroado como emperador en 1452), marcarían o inicio dunha presenza duradeira no poder do Sacro Imperio.

Despois do matrimonio de Maximiliano I, fillo de Frederico III, con María, herdeira do Ducado de Borgoña (que controlaba os Países Baixos borgoñóns) e o matrimonio de seu fillo Filipe o Fermoso con Xoana, herdeira de Castela (filla dos Reis Católicos), propiciou que Carlos I de España herdara o Reinos de Castela, Aragón, os do sur de Italia (Reinos de Nápoles e Sicilia), Austria, o Tirol e os Países Baixos (Carlos foi elixido emperador en 1520 como Carlos V).[1]

En 1580 o seu fillo Filipe II herdou Portugal e as súas colonias. Por outra parte, Carlos nomeou herdeiro do Imperio ao seu irmán Fernando (que reinou como Fernando I).


Territorios controlados en Europa por Carlos V en 1519
En carmesí: Coroa de Castela; en vermello: Coroa de Aragón; en alaranxado: Posesións borgoñoas; en amarelo escuro: Territorios austríacos; en amarelo claro: Sacro Imperio Romano.



Baixo o emperador Maximiliano II, fillo de Fernando I, os Habsburgo adquiriron a terra onde anos despois construirían o Palacio de Schönbrunn: o palacio de verán dos Habsburgo en Viena e un dos símbolos máis duradeiros da dinastía.


Árbore xenealóxica da casa de Habsburgo