Odón de Habsburgo-Lorena
Odón de Habsburgo-Lorena e Borbón-Parma[1] (en alemán: Otto von Habsburg-Lothringen und Bourbon-Parma), nado en Villa Warholz, Reichenau an der Rax, Baixa Austria o 20 de novembro de 1912 e finado en Pöcking, Baviera, Alemaña o 4 de xullo de 2011),[2] foi o fillo máis vello de Carlos I de Austria e IV de Hungría, último emperador de Austria e rei de Hungría, e da súa esposa Zita de Borbón-Parma.
Liderou durante 85 anos (de 1922 a 2007) a dinastía Habsburgo e foi o titular de todas as súas pretensións. Renunciou aos seus dereitos o 1 de xaneiro de 2007 a favor de seu fillo o arquiduque Carlos. Dinasticamente foi sobriño bisneto de Francisco Xosé I, emperador de Austria-Hungría, de Maximiliano I de México e do arquiduque Luís Vitor de Austria.
Ostentou o nome oficial de "Súa Alteza Imperial e Real Francisco Xosé Odón Roberto María Antón Carlos Maximiliano Henrique Sisto Xabier Fiz Renato Lois Caetano Pío Ignacio, Príncipe Imperial, Arquiduque de Austria, Príncipe Real de Hungría e de Bohemia", aínda que desde 1919 (confirmado en 1959) en Austria foi oficialmente o Dr. Otto Habsburg-Lothringen.
Político, periodista e escritor, foi durante vinte anos (1979-1999), membro do Parlamento Europeo polo partido Unión Social Cristiá de Baviera (CSU) e presidente da Unión Internacional Paneuropea. Tivo as cidadanías austríaca, húngara, alemá e croata.
Devanceiros
[editar | editar a fonte]Predecesor: Arquiduque Carlos de Austria-Este, Duque Títular de Módena |
Herdeiro ao trono austrohúngaro 1916 - 1918 |
Sucesor: – |
Predecesor: Emperador Carlos I de Austria |
Pretendente ao trono austrohúngaro 1922 - 2007 |
Sucesor: Arquiduque Carlos de Austria |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Fallece Otto von Hasburg Diario El Muindo (España), 4-7-2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Odón de Habsburgo-Lorena |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Otto von Habsburg. Web oficial (en alemán). Consultada o 13 de novembro de 2016.
- Entrevista con Otto von Habsburg. Vídeo (en francés). Consultado o 13 de novembro de 2016.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |