Excentricidade
Aparencia
Matemáticas
[editar | editar a fonte]En matemáticas e xeometría a excentricidade é un parámetro que determina o grao de desviación dunha sección cónica con respecto a unha circunferencia. É un parámetro importante na definición das elipses.
A excentricidade e dunha elipse de semieixo maior a e semieixo menor b é:
Valores da excentricidade en seccións cónicas:
- A excentricidade dunha circunferencia é cero.
- A excentricidade dunha elipse é maior xa cero e menor ca 1.
- A excentricidade dunha parábola é 1.
- A excentricidade dunha hipérbole é maior ca 1.
Astronomía
[editar | editar a fonte]Os corpos ligados gravitacionalmente entre si describen órbitas en forma de elipse. A excentricidade da órbita dun obxecto calcúlase de acordo coa fórmula anterior e expresa o grao de desviación con respecto a unha órbita circular.
Outros
[editar | editar a fonte]Na linguaxe común emprégase o concepto de excentricidade para referirse ó comportamento infrecuente ou estraño dunha persoa.