Exilona
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 659 ↔ 680 ![]() Reino visigodo de Toledo ![]() |
Morte | c. 718 ![]() Al-Andalus ![]() |
Residencia | Toledo Sevilla ![]() |
Relixión | Cristianismo niceno ![]() |
Período de tempo | Hispania visigoda e Invasión musulmá da península Ibérica ![]() |
Período de actividade | (Con vida en: século VIII ![]() |
Outro | |
Título | Raíña consorte ![]() |
Cónxuxe | Abd al-Aziz ibn Musa (713–716) Rodrigo (–711) ![]() |
Fillos | Asima bint Abd al-Aziz ( ![]() ![]() |
Irmáns | Count Cassius (disputado) ![]() |
Exilona foi a derradeira raíña da Hispania visigoda.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Casada co rei visigodo Rodrigo, cando queda viúva no ano 711 e tempo despois é apreixada por Abd al-Aziz ibn Musa que a toma por esposa, converténdose a si mesmo en rei de Hispania. No ano 716 morre en circunstancias descoñecidas.
Algúns historiadores sosteñen que se fixo musulmá, adoptando o nome de Umm Asim «a nai de Asim» polo nacemento dun home. Con todo, segundo fontes cristiás, Exilona continuaría practicando a relixión católica. De acordo coa Crónica do Pacense, a influencia de Exilona sobre Abd al-Aziz ibn Musa inquietaría aos musulmáns pola posibilidade de que este se puidese acabar convertendo ao cristianismo. Este feito motivaría o seu asasinato por orde do Califa de Damasco, Suleimán, quen mandou a Sevilla a cinco oficiais para lle dar morte.[1]
As lendas sen fundamento histórico din que o foi unha doncela criada na corte de Toledo, onde compartiu xogos de adolescencia con Paio, e de aí entroulles a afección do un polo outro, primeiro, e ao pouco un amor subido, pero esta relación non terminaría en lexítima unión, Paio houbo de abandonar a corte de Toledo para seguir ao seu señor e futuro rei Rodrigo fuxido a raíz do asasinato do seu pai por orde de Vitiza.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fonte Diccionario Larousse
- ↑ De Numancia a Trafalgar, Autor: Olaizola José Luis - Ediciones Temas de Hoy S.A. (THA), 2004, edición 1ª (2004), Paseo de Recoletos Madrid, ISBN 84-8460-368-7, Pág 34