Saltar ao contido

Exit Planet Dust

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Exit Planet Dust
Álbum de The Chemical Brothers
Publicado26 de xuño de 1995
Gravación1993 - 1994
Duración49:28
Xénero(s)big beat, electrónica, psicodelia, acid house
Selo(s)Junior Boy's Own, Freestyle Dust, Virgin
Producido porTom Rowlands, Ed Simons, Cheeky Paul
Cronoloxía
- Exit Planet Dust Dig Your Own Hole
(1997)

Exit Planet Dust é o primeiro álbum de estudio da banda inglesa de música electrónica The Chemical Brothers, publicado o 26 de xuño de 1995 no Reino Unido a través dos selos Junior Boy's Own, Freestyle Dust e Virgin Records, e o 15 de agosto nos Estados Unidos a través de Astralwerks. O álbum gravouse entre agosto e novembro de 1994, con "Song to the Siren" interpretada en directo. O seu título é unha referencia ao seu afastamento do seu nome anterior, The Dust Brothers.

O álbum foi aclamado pola crítica e estivo nas listas británicas durante moitas semanas, entrando nelas cada ano dende o seu lanzamento en 1995 ata 2000; o seu pico máis alto foi o número 9 en 1995.[1][2]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Tom Rowlands eE d Simons, agás onde se indique. 

N.º Título Duración
1. "Leave Home" (Rowlands, Simons, Blake Baxter) 5:32
2. "In Dust We Trust"   5:17
3. "Song to the Siren"   3:16
4. "Three Little Birdies Down Beats"   5:38
5. "Fuck Up Beats"   1:25
6. "Chemical Beats"   4:50
7. "Chico's Groove"   4:48
8. "One Too Many Mornings" (Rowlands, Simons, Mike Mason, Louise Treahy) 4:13
9. "Life Is Sweet" (Rowlands, Simons, Tim Burgess) 6:33
10. "Playground for a Wedgeless Firm" (Rowlands, Steve Jones) 2:31
11. "Alive Alone"   5:16
49:19
  1. The Complete Book of the British Charts Singles and Albums p. 226
  2. "Exit Planet Dust". Official Charts (en inglés). 1995-07-08. Consultado o 2024-08-26.