Saltar ao contido

Beacon Explorer B

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Explorer 22»)
Beacon Explorer B / BE-B / Explorer 22
Explorer 22 en probas en terra.
TipoObservación terrestre
OrganizaciónNASA[1][2]
Data de lanzamento10 de outubro de 1964[3][4][5]
Foguete portadorScout X-4[1][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[1][4][5]
Obxectivo da misiónEstudos xeodésicos e observación da ionosfera.[1][4][5]
NSSDC ID1964-064A
Masa52,6 kg[1][2][4]
Datos orbitais
Semieixo maior7336,7 km[3]
Inclinación79,7 graos[3]
Apoapse1054,5 km[3]
Periapse876,9 km[3]
Período orbital104,2 minutos[3]

Beacon Explorer B, tamén coñecido como BE-B e Explorer 22, foi un satélite artificial de Estados Unidos pertencente ó programa Explorer e lanzado o 10 de outubro de 1964 mediante un foguete Scout X-4 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

BE-B foi adicado á investigación da ionosfera terrestre coa finalidade de determinar a cantidade de electróns entre a nave e a Terra. Tamén serviu para facer medicións xeodésicas[1][4], nas que foi pioneiro usando a técnica de determina-la posición mediante láser desde terra[6].

O satélite inicialmente estabilizábase mediante xiro para pasar a estabilizarse nos tres eixos tralo desplegue dos paneis solares usando unha barra magnética que aliñaba o eixo de simetría do satélite co campo magnético local. A información da orientación do satélite proviña dun magnetómetro de tres eixos e duns sensores solares.[1][4]

A nave non levaba maneira de rexistra-los datos a bordo, polo que se obtiñan cada vez que sobrevoaba unha estación terrestre. O satélite emitía continuamente a 162 e 324 MHz para permiti-la súa localización precisa e facer estudos xeodésicos.[1][4]

As transmisións de BE-B deixaron de seguirse en agosto de 1968 e o satélite fallou en febreiro de 1970.[1][4]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

Beacon Explorer B levaba a bordo unha sonda electrostática, un radiofaro que emitía a 20, 40 e 41 Hz, un reflector láser pasivo para seguimento do satélite e un experimento de navegación Doppler.[4]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: BE A, B, C" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2011). "Beacon" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 22" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2012. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 NASA (20 de abril de 2012). "BE-B" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Letter dated 22 December 1964 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (64-28156). 30 de decembro de 1964: 2. Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  6. Ludwig Combrinck (2010). Sciences of Geodesy (Cap. 9). Springer-Verlag. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]