F. R. Lavandeira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Fernando Ramón Lavandeira Suárez 1966 (58/59 anos) Taragoña, España |
Formación profesional | Educación Social |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Poesía |
Pseudónimo literario | F. R. Lavandeira |
Fernando Ramón Lavandeira Suárez, nado en Taragoña (Rianxo) en 1966, é un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É Diplomado en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe formación de posgrao en Animación Sociocultural (UNED e Universidade Pontificia de Salamanca) e Didáctica Ocupacional (Universidade de Vigo). Traballa como Coordinador da Área de Educación e Cultura do Concello de Rianxo. Asemade é investigador da Universidade de Santiago de Compostela no ámbito da Pedagoxía Social e da Educación Ambiental.
Colabora con La Voz de Galicia, as revistas Leña Verde e Interea-Visual, e co Seminario Internacional de Tradución e Poética (Auliga).
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Mar que evita o meu regreso, 2000, Ediciós do Castro.
- Tempo é de que se saiban, 2006.
- Poemas, 2007.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- 37 poemas por man propia, 2006, Bourel.
- Voces na Guerra, 2006.
- Voces na materia, 2006.
- A cor dos soños, 2007, Literatura infanto-xuvenil.
- Poetas con Rosalía IV, 2009.
- En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
Premios
[editar | editar a fonte]- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 2009, por Gaspar Gaspar.