FR 1
FR 1 / France 1 | |
---|---|
Integración de FR 1 | |
Tipo | Científico |
Organización | CNES |
Destino actual | Fóra de servizo.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 6 de decembro de 1965, 21:05 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Scout X-4[1][3] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[1][2] |
Obxectivo da misión | Estudo da ionosfera terrestre.[1][2] |
NSSDC ID | 1965-101A |
Masa | 71,7 kg[1] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7049 km[4] |
Inclinación | 75,9º[4] |
Apoapse | 683,1 km[4] |
Periapse | 674,8 km[4] |
FR 1, coñecido tamén como France 1, foi un satélite artificial de Francia lanzado o 6 de decembro de 1965 mediante un foguete Scout X-4 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2][3]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de FR 1 foi estudar a ionosfera e a magnetosfera terrestres. Para iso levaba a bordo dous experimentos: un receptor de ondas VLF emitidas desde transmisores en terra e unha sonda para medir a densidade de electróns.[1][2][3]
O satélite está formado por dúas pirámides octogonais truncadas unidas pola base por un prisma octogonal, cunha lonxitude máxima de 68,6 cm de esquina a esquina e unha altura de 71,2 cm. A superficie do satélite estaba cuberta de células solares. Da base do satélite estendíase a sonda de electróns, de 48,3 cm de longo, e cara a arriba atopábase a antena para medir o campo magnético, de 71,2 cm de longo. Da base da antena estendíanse, en diagonal e cara a arriba, catro antenas para telemetría, e catro mastros de 198 cm de longo se estendían desde o corpo do satélite para medir o campo eléctrico. FR 1 estalizábase mediante xiro e contralaba a súa actitude mediante un sensor solar e tres magnetómetros de porta de fluxo. Non levaba grabadora de a bordo, polo que as observacións tiñan que facerse en tempo real. FR 1 estivo funcionando ata agosto de 1968.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (27 de febreiro de 2020). "FR 1" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2020). "FRANCE" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "FR 1" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "FR 1" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2020). "FR 1" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2020.
- ↑ "Letter dated 18 February 1966 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (66-04713). 25 de febreiro de 1966: 2. Consultado o 11 de abril de 2020.