Faba de tres anos
Faba de tres anos | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Phaseolus coccineus' L. | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
A faba de tres anos[2], feixón de tres anos[3] ou faba loba[4] (Phaseolus coccineus) é unha planta rubideira da familia Fabaceae cultivada pola súa semente comestíbel e como planta ornamental.
Descrición
[editar | editar a fonte]Esta especie ten a súa orixe nas montañas da América Central. A maior parte das variedades teñen flores vermellas e sementes de varias cores, malia que algunhas teñen flores e sementes brancas. A planta pode crecer até 3 m de altura.[5]
Distínguese do feixón ou faba común (P. vulgaris) en varios aspectos: o cotiledón mantense no chan durante a xerminación e a planta é vivaz, con raíces tuberosas, aínda que sexa tratada frecuentemente como unha planta anual.
As fabas de tres anos, como todas as sementes do xénero Phaseolus, conteñen a proteína tóxica fitohaemaglutinina, que desaparece ao ferver, e, por tanto, débense cociñar ben antes de as consumir[6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Judión de La Granja - Asociación "Tutor del Judión de La Granja"". El Judión de La Granja - Asociación "Tutor del Judión de La Granja". Consultado o 13.12.2019.
- ↑ Rede Galega de Sementes, ed. (03.02.2016). "Aspectos técnicos a ter en concta para a multiplicación e mellora de sementes locais" (ODT). redegalegadesementes.wordpress.com. Consultado o 13.12.2019.
- ↑ Instituto Nacional de Investigación y Tecnología Agraria y Alimentaria, ed. (27.03.2019). "Registros 71491 a 71500 de 75804 que coinciden con la consulta". INIA. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 13.12.2019.
- ↑ Promecom Valdeorras S.L., ed. (27.03.2019). "A Veiga crea a marca «Faba Loba das Montañas de Trevinca»". Somos Comarca. Consultado o 13.12.2019.
- ↑ "Scarlet Runner Beans – GROWS 10' TALL!! Ancient Beans for Cool Weather". YouTube. Consultado o 13.12.2019.
- ↑ "Beans! Beans! The Poisonous Fruit! - Dave's Garden". davesgarden.com. Consultado o 13-12-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Feixón (Phaseolus vulgaris).
- Faballón ou faba loba (Vicia faba).
- Faba de Lourenzá
- As fabas na cultura popular galega