Faia Díaz
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1988 (36/37 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | cantante, historiador da arte |
Sitio web | faia.gal |
María Faia Díaz Novo, nada en Santiago de Compostela en 1988, é unha cantante galega e historiadora da arte.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Faia é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou estudos de etnomusicoloxía, cine e crítica artística e ten un Mestrado en Xestión do Patrimonio Arquitectónico, Museos e consumo de Arte pola USC.[2]
Foi unha das fundadoras e integrantes do grupo De Vacas e do Coro Encaixe. O seu primeiro disco en solitario titúlase Ao cabo leirín[3] e onde recolle música e letras de cancións tradicionais transmitidas por mulleres.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ARCA. "FAIA traerá o seu novo espectáculo o venres 22 ás Torres do Allo". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2024-08-31.
- ↑ "XI Xornada de Literatura de Tradición Oral. O rol da muller na literatura de tradición oral.". AELG.
- ↑ "Faia Díaz: "No momento en que traemos a tradición á actualidade xa é moderna"". Nós Diario. 2020-10-16. Consultado o 2024-08-31.
- ↑ "FAIA: Ao cabo leirín - Cinema - NUMAX". numax.org. Consultado o 2024-08-31.