Galega
Galega officinalis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Galega officinalis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Ver texto |
Galega é un xénero de plantas herbáceas da familia Fabaceae.
O seu nome provén do grego que significa "achegar leite" e fai referencia a que era usada para estimular a secreción láctea de animais domésticos.
O xénero Galega, está formado por 8 especies de grandes plantas perennes espesas, que gustan das exposicións asolladas húmidas. Atópanse nos prados, sobre as vertentes dos outeiros e os noiros. Son plantas autóctonas, orixinarias de Europa Central e do Sur, do oeste de Asia e montañas da África tropical. As follas, de 8 a 20 cm de lonxitude, presentan estípulas saxitadas, son alternas pinnadas, de cor verde suave ou mesmo lixeiramente tinguidas de azul. As inflorescencias son feixes axilares de flores de tipo papilionáceas con androceo monadelfo, son brancas, azuis, de cor de malva ou bicolores. Presentan legume estrangulado nas sementes. En boas condicións, a planta vólvese a sementar moi facilmente, e pode naturalizarse moi rapidamente.
Especies
[editar | editar a fonte]Están aceptadas oito especies:[1]
- Galega africana Mill.
- Galega assyriaca Mouterde
- Galega battiscombei (Baker f.) J.B.Gillett
- Galega cirujanoi Garcia Mur. & Talavera
- Galega lindblomii (Harms) J.B.Gillett
- Galega officinalis L.
- Galega orientalis Lam.
- Galega somalensis (Taub. ex Harms) J.B.Gillett
Usos
[editar | editar a fonte]Úsanse en casos complementarios da diabetes e tamén para estimular o proceso das glándulas mamarias durante a lactación. De igual maneira, serve para aplicacións con ungüentos cicatrizantes para cirurxías plásticas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Galega Tourn. ex L. Plants of the World Online. Consultado o 25 de agosto de 2023
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Galega |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Galega |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Servilibro. (2001). Plantas Medicinales, aromáticas Y Culinarias: Aplicaciones y efectos.