Faisán de colar
Faisán de colar Phasianus colchicus | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho en Polonia | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Phasianus colchicus Linnaeus, 1758 |
O faisán de colar[2] (Phasianus colchicus) é unha ave da familia dos faisáns e a única delas con poboación salvaxe en Galiza. Pertence á familia Phasianidae, da orde dos galiformes. Orixinaria de Oriente, foi introducida polo ser humano en Europa occidental dende moi cedo, tanto como ave de caza como para o seu aproveito decorativo, posto que as plumas dos machos poden ser moi espectaculares. Tamén se produce en granxas.
Existen dúas subespecies altamente espalladas e conviventes:
- Phasianus colchicus colchicus - o faisán común típico
- Phasianus colchicus torquatus - o faisán común torcado, caracterizado por un anel branco na base do pescozo dos machos.
Características físicas
[editar | editar a fonte]O faisán adulto mide entre 50 e 90 centímetros de longo, e ten unha cauda moi longa, que pode representar a metade do seu tamaño. Os machos teñen unha plumaxe marrón no corpo, de forma repoluda, pero salferido de plumas brancas, púrpuras ou verdes. A cabeza é verde escura, co peteiro branco, e unhas olleiras vermellas de cor intensa. Na base do pescozo, dependendo da subespecie, pode ter un anel branco.
As femias son moito máis discretas, cunha plumaxe marrón clara, e con pintas negras, similares ás perdices, pero moito maiores ca estas.
Comportamento
[editar | editar a fonte]Os machos son polígamos e territoriais. Viven machos e femias no campo, entre as árbores, e tamén nos matos, e aliméntanse de gran, follas e pequenos invertebrados, pero gabean ás noites para durmiren nas pólas das árbores. Aniñan no chan, cunhas postas de ao redor de dez ovos entre abril e xuño (no hemisferio norte). O período de incubación é de 23 a 2 días. Os polos permanecen coa femia varias semanas, malia medraren moi axiña: en catro meses xa poden ser considerados adultos.
Poden voar en distancias curtas, e a velocidades que roldan os 100 kms/h, pero prefiren escapar á carreira e desprazarse polo chan.
Orixe e distribución
[editar | editar a fonte]A especie é orixinaria de Asia, pero existen diversas fontes á hora de datar a súa introdución en Europa Occidental. Parece ser que os primeiros en traelas foron os gregos, e que de aí saltaron, polo seu valor ornamental, a criárense en Roma. Outras fontes apuntan a unha masiva introdución a comezos da Idade Media. En Gran Bretaña introducíronse no século X, extinguíronse e volvéronse reintroducir a principios do século XIX, con moitísimo éxito. En América comezouse a súa introdución a mediados do XIX e principios do XX (México, Chile...).
En Galiza non é unha ave abondosa, pero pode atoparse nas zonas de montaña próximas a Ourense, así como na raia portuguesa e na montaña interior (Chandrexa de Queixa, Vilariño de Conso...). Tamén se teñen producido avistamentos nas zonas costeiras de Sanxenxo e O Grove. Estanse a realizar soltas experimentais de faisán como especie cinexética e sempre dentro de coutos. Na produción agrícola, en España había en 2003 unhas 52.000 cabezas, pero a maior parte correspondían a Cataluña.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]A carne do faisán é menos aprezada cá da perdiz. É seca, e un tanto dura, especialmente nos machos, que son menos queridos na cociña. O faisán de granxa ten máis proteínas e menos graxas ca outras especies avícolas, coma o polo ou o pato.
A carne ten un escaso contido en sodio, polo que se lles recomenda aos hipertensos, e constitúe unha fonte importante de fósforo e vitaminas do grupo B.
Na literatura
[editar | editar a fonte]A novela Danny the Champion of the World, de Roald Dahl, conta a historia dun furtivo e do seu fillo, que se dedican á caza do faisán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Phasianus colchicus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Faisán de colar |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Faisán de colar |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Albin, Eleazar (1731). A natural history of the birds. Londres: William Innys.
- Aldrovandi, Ulisse (Ulyssis Aldrovandus) (1600). Ornithologia. 2: Tomus alter. Arquivado dende o orixinal o 2012-12-18.
- BBC Four (11 de xuño de 2005). "Open Country". Consultado o 21 de febreiro de 2008.
- Cross, Nigel (2006). "Some foods introduced by the Romans to Britain". Consultado o 21 de febreiro de 2008.
- hg (17 de agosto de 2007). "Common Pheasant and Relatives". Consultado o 21 de febreiro de 2008.
- Henninger, W.F. (1906). "A preliminary list of the birds of Seneca County, Ohio" (PDF). Wilson Bulletin 18 (2): 47–60.
- Lin-Liu, Jen; McMahon, Dinny; Mooney, Paul; Owyang, Sharon; Reiber, Beth; Smith, Graeme; Winnan, Christopher D. (2006). Frommer's China (2nd ed.). John Wiley & Sons. ISBN 978-0-7645-9743-5.