Faith Hill
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1967 (57 anos) Ridgeland, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Hinds Community College (en) |
Altura | 175 cm |
Actividade | |
Ocupación | cantante, produtora musical |
Período de actividade | 1993 - |
Xénero artístico | Música country |
Influencias | Crystal Gayle, Emmylou Harris, Reba McEntire, Tanya Tucker, Linda Ronstadt, Patsy Cline, Aretha Franklin, K. T. Oslin (pt) , Dolly Parton, Loretta Lynn, Amy Grant (pt) , Barbara Mandrell (pt) , Mahalia Jackson, Suzy Bogguss (pt) , Elton John, Tammy Wynette e Céline Dion |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Warner Bros. Records Warner Records Warner Music Group |
Familia | |
Cónxuxe | Tim McGraw (1996–) Daniel Hill (1988–1994), divorcio |
Fillos | Gracie McGraw () Tim McGraw Maggie McGraw () Tim McGraw Audrey McGraw () Tim McGraw |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | faithhill.com |
|
Audrey Faith Perry, nada en Jackson (Mississippi) o 21 de setembro de 1967 é unha cantante estadounidense máis coñecida como Faith Hill.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hill naceu en Ridgeland, Mississippi, ao norte de Jackson, Mississippi. Foi adoptada cunha semana de vida e chamada Audrey Faith Perry. Creceu na cidade veciña de Star, 20 millas ás aforas de Jackson.[1] Os seus pais adoptivos, Edna e Ted Perry,[2] criárona cos seus dous fillos biolóxicos nun ambiente de devoción cristiá.[3]
Comezou a cantar na igrexa da cidade e con dezanove anos foi a Nashville para comezar unha carreira como cantante country.[4] Traballou no despacho do cantante e compositor Gary Morris, en Nashville. Morris converteuse logo no seu coprodutor.[5]
Hill lanzou os álbuns Take me as I am (1993), It Matters to Me (1995), Faith (1998), Breathe (1999), Cry (2002) e Fireflies (2005) e vendeu preto de 40 millóns de copias en todo o mundo, conseguindo oito sinxelos e tres álbums número un na Billboard Hot Country Songs.[6] Gañou premios como os Grammy Awards, Academy of Country Music, Country Music Association, American Music Awards e People's Choice Awards. A xira Soul2Soul II Tour, con Tim McGraw, foi a de maior asistencia na historia da música country, e a primeira das cinco mellores entre todos os xéneros musicais.
En 2001, gravou a canción "There You'll Be" para a banda sonora do filme Pearl Harbor. No mesmo ano foi considerada a primeira das "30 Mulleres Máis Poderosas de América" polo Ladies Home Journal.
En 2004, participou no filme As mulleres perfectas, interpretando a personaxe de Sarah.[7]
Dende 2007, Hill era a cantante da abertura do Sunday Night Football, polo canal NBC, mais en abril de 2013 anunciou que non sería máis a cantante da abertura. Na súa despedida en Twitter non dixo os motivos da súa saída, mais si que estaba triste por deixalo.[8]
Vida privada
[editar | editar a fonte]Está casada co tamén cantante country Tim McGraw, co que ten tres fillas.[4]
Discografía
[editar | editar a fonte]- Take Me As I Am (1993)
- It Matters To Me (1995)
- Faith (1998)
- Breathe (1999)
- Cry (2002)
- Fireflies (2005)
- Joy To The World (2008)
- Illusion (2012)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Malone, Bill C. (1 de novembro de 2002). Country Music, U.S.A.: Second Revised Edition. University of Texas Press. p. 433. ISBN 978-0-292-75262-7. Consultado o 13 de febreiro de 2014.[Ligazón morta]
- ↑ "Faith Hill Biography". People. Time Inc. Consultado o 15 de febreiro de 2014.
- ↑ "Interview with Faith Hill and Tim McGraw". Larry King Live. CNN. 21 de abril de 2006. Consultado o 13 de febreiro de 2014.
- ↑ 4,0 4,1 "Interview with Faith Hill and Tim McGraw". Larry King Live, CNN. 21 de abril de 2006. Consultado o 5 de novembro de 2014.
- ↑ Faith Hill. Infobase Learning. 15 de novembro de 2012. p. 18. ISBN 978-1-4381-4095-7. Consultado o 5 de novembro de 2014.
- ↑ "Faith Hill Performer Songbooks". singers.com. Consultado o 5 de novembro de 2014.
- ↑ Susman, Gary. "Act of Faith". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2014. Consultado o 5 de novembro de 2014.
- ↑ "Faith Hill to sing 'Sunday Night Football' theme". NBC Sports. 30 de agosto de 2007. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2008. Consultado o 5 de novembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Faith Hill |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brown, Jim; Sparrow, Susan (2002). Faith Hill & Tim McGraw: Soul 2 Soul. Quarry Music Books. ISBN 1-55082-293-4.
- Gray, Scott (1999). Perfect Harmony: the Faith Hill & Tim McGraw Story (1st ed.). Ballantine Books. ISBN 0-345-43412-9.