Faustino Liste Forján
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1911 ![]() Calo, España ![]() |
Morte | 12 de setembro de 1936 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | canteiro , sindicalista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia | |
Irmáns | Constante Liste Forján e Enrique Líster ![]() |
Faustino Liste Forján, nado en Calo (Teo) o 18 de marzo de 1911 e finado en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 1936, foi un canteiro e sindicalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmán de Constante e Enrique Líster. Foi presidente do Sindicato de Oficios Varios de Teo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión o 7 de setembro con José Pose Miguens, José Tourís Castro, Serafín Mariño Santos, Daniel Caamaño Eiras e Luis García Abella, acusados de ser os autores do asalto ao tren en Osebe nas datas do golpe de Estado,[1][2] foi condenado a pena de morte e executado en Compostela con Xoán Xesús González, José Pose, José Tourís e Serafín Mariño o 12 de setembro de 1936.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Faustino Liste Forján na páxina web Nomes e Voces.
- Xenealoxía Enrique Lister (militar) Arquivado 12 de setembro de 2014 en Wayback Machine.