José Pose Miguens
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1908 ![]() Padrón, España ![]() |
Morte | 12 de setembro de 1936 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro , sindicalista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
José Pose Miguens, nado en Padrón cara a 1908 e finado en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 1936, foi un carpinteiro e sindicalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Membro do Sindicato de Oficios Varios de Padrón (CNT). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Compostela por rebelión o 7 de setembro con Faustino Liste Forján, José Tourís Castro, Serafín Mariño Santos, Daniel Caamaño Eiras e Luis García Abella, acusados de ser os autores do asalto ao tren en Osebe nas datas do golpe de Estado,[1][2] foi condenado a pena de morte e executado en Compostela con Xoán Xesús González, Faustino Liste, José Tourís e Serafín Mariño o 12 de setembro de 1936.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Pose Miguens na páxina web Nomes e Voces.