Faustino Rodríguez-San Pedro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1833 Xixón, España |
Morte | 1925 (91/92 anos) Xixón, España |
Alcalde de Madrid | |
5 de outubro de 1890 – 26 de novembro de 1891 ← Narciso García-Loygorri (pt) – Alberto Bosch y Fustegueras → | |
Senador de España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Alcalde | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | diplomático, xurista, político, avogado |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Membro de | |
Premios | |
| |
Faustino Rodríguez-San Pedro Díaz-Argüelles,[1] nado en Xixón o 30 de xuño de 1833 e finado na mesma cidade o 10 de xaneiro de 1925, foi un avogado e político español. Foi ministro de Facenda, ministro de Estado e ministro de Instrución Pública e Belas Artes durante o reinado de Afonso XIII .
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou os estudos de Dereito na Universidade de Oviedo, para exercer logo como avogado nesta mesma cidade e trasladarse máis tarde a Madrid, onde o seu despacho alcanzou un gran renome. Deputado por Alacant nas eleccións de 1884, nos procesos electorais celebrados entre 1886 e 1898 obtería escano pola circunscrición de Cuba. En 1899 pasou ao Senado como senador vitalicio, chegando a ser vicepresidente de dita cámara.
O 5 de outubro de 1890 converteuse en alcalde de Madrid, sendo a súa principal achega á cidade a creación do parque da Elipa.
Foi ministro de Facenda entre o 25 de marzo e o 20 de xullo de 1903 nun gabinete Silvela.[2] Posteriormente, entre o 5 de decembro de 1903 e o 16 de decembro de 1904, foi ministro de Estado nun goberno deMaura,[3] e finalmente, entre o 25 de xaneiro de 1907 e o 21 de outubro de 1909,[4] foi ministro de Instrución Pública e Belas Artes no coñecido como «goberno longo» de Maura.
Foi profesor da Universidade Central de Madrid, académico da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, presidente da Unión Ibero-Americana durante cuxa presidencia creou o denominado entón Día da Raza, desde 1987 Festa Nacional de España. Foi tamén presidente do Consello de Administración dos Ferrocarrís do Norte.
É bisavó do ex-vicepresidente do goberno e expresidente do Fondo Monetario Internacional Rodrigo Rato e do conselleiro de Sanidade do Goberno de Asturias José María Navia-Osorio García-Braga.
Títulos e condecoracións
[editar | editar a fonte]- Gran Colar da Orde de Carlos III. (1916).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Faustino Rodríguez San Pedro Díaz-Argüelles 1833-1925" filosofia.orf
- ↑ Urquijo y Goitia 2008, p. 88.
- ↑ Urquijo y Goitia 2008, p. 89.
- ↑ Urquijo y Goitia 2008, pp. 93-94.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Faustino Rodríguez-San Pedro |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cambronero, Carlos (xaneiro de 1900). "Cosas de antaño - El Ayuntamiento de Madrid". Revista Contemporánea (Madrid) (117): 386–411. ISSN 0213-8654.
- Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). Gobiernos y ministros españoles en la edad contemporánea (2ª ed.). Madrid: Consello Superior de Investigacións Científicas. ISBN 978-84-00-08737-1.