Fausto Bordalo Dias
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Carlos Fausto Bordalo Gomes Dias ![]() 26 de novembro de 1948 ![]() Distrito da Guarda, Portugal ![]() |
Datos persoais | |
Outros nomes | Fausto ![]() |
País de nacionalidade | Portugal ![]() |
Educación | Universidade Técnica de Lisboa (pt) ![]() Instituto Superior de Ciências Sociais e Políticas (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositor , compositor de cancións , artista discográfico ![]() |
Período de actividade | 1969 ![]() |
Lingua | Lingua portuguesa ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Carlos Fausto Bordalo Gomes Dias, máis coñecido por Fausto (Vila Franca das Naves, 26 de novembro de 1948) é un cantante portugués. Vencellado aos movementos de esquerda, durante a ditadura, Fausto continuou baixo o novo sistema político unha fecunda carreira musical. O seu estilo recolle todas as influencias dos cantores de abril, dende a inspiración nas músicas populares do norte do país, até a influencia dos ritmos africanos. O seu disco Para além das cordilheiras escolleuno a prensa como un dos dez mellores discos portugueses de todos os tempos. Porén, seguen a seren máis populares os seus primeiros traballos, en especial polas cancións "Se tu fores ver o mar (Rosalinda)", "Uns vão bem e outros mal" e "Roupa velha".
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums orixinais[editar | editar a fonte]
- Fausto (1969)
- Fausto (1970)
- P'ró que der e vier (1974)
- Beco com saída (1975)
- Madrugada dos trapeiros (1977)
- Histórias de viageiros (1979)
- Por este rio acima (1982)
- O despertar dos alquimistas (1985)
- Para além das cordilheiras (1987)
- A preto e branco (1988)
- Crónicas da terra ardente (1994)
- A ópera mágica do cantor maldito (2003)
- Em busca das montanhas azuis (2011)
Coletáneas[editar | editar a fonte]
- O melhor dos melhores (1994)
- Atrás dos tempos vêm tempos (1996)
- Grande grande é a viagem (ao vivo) (1999)
- 18 canções de amor e mais uma de ressentido protesto (2007)