Fausto Galdo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1944 Viveiro, España |
Morte | 5 de novembro de 2012 (67/68 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Tomás Galdo López |
Benigno Fausto Galdo Fernández, nado en Viveiro en 1944 e finado na Coruña o 5 de novembro do 2012, foi un médico, historiador e académico correspondente da Real Academia Galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Tomás Galdo López. Coma médico, desenvolveu case toda a súa carreira no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, onde foi xefe da sección de reumatoloxía ata a súa xubilación en 2011. Tamén foi membro da membro da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.[2]
En canto á súa faceta de historiador, destacou polos seus estudos sobre a historia da vila na que naceu, chegando a ocupar o posto de cronista oficial. Tamén foi socio fundador do Seminario de Estudos Terra de Viveiro e da Asociación Cultural Estabañón, e membro da Academia Galega de Gastronomía.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Reumatismo en Galicia, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña (1980).[4]
- Pintores y pintura de Viveiro, Ediciós do Castro, Sada (1992).
- Introducción a la historia de las aguas minerales de Galicia, Ediciós do Castro, Sada (1995).
- A Coruña en la historia de la viruela, con Carlos González Guitián, Via Láctea Editorial, A Coruña (1996).
- A memoria de Lugo, con Carlos Díaz Martínez, Paco Martín, Manuel María, Lois Diéguez, Xerais, Vigo (2000).
- Bibliografía gastronómica de Galicia, con Guillermo Escrigas, Bibliografía de Galicia 20. Xunta de Galicia (2003).
- A memoria de Viveiro, con Carlos Díaz, Edicións Xerais, Vigo (2004).
- Abecedario das mantenzas, Edicións Xerais de Galicia, Vigo (2012) (publicación póstuma).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pasamento do académico correspondente Fausto Galdo na páxina web da Real Academia Galega
- ↑ "Fallece el académico y doctor vivariense Fausto Galdo". El Progreso (en castelán). 6 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Viveiro dice adiós al académico y médico Fausto Galdo". La Voz de Galicia. 7/11/2012.
- ↑ Biografía
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Galicia letra a letra RAG |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Luz Pozo dedícalle un poema a Fausto Galdo". Real Academia Galega. 9 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2013. Consultado o 09 de novembro de 2012.