Fedele Abbati
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1820 Módena (Ducado de Módena e Reggio) |
Morte | 8 de abril de 1915 (95 anos) |
Bispo titular | |
6 de xuño de 1890 – Diocese: Diocletianopolis in Palaestina (en) | |
Diocese de Quíos | |
23 de xaneiro de 1885 – 27 de abril de 1890 ← Ignazio Nicolaus Giustiniani (en) – Dionisio Nicolosi (en) → Diocese: Roman Catholic Diocese of Chios (en) | |
Bispo titular | |
23 de setembro de 1879 – Diocese: diocese de Gera | |
Bispo de Santorini | |
27 de marzo de 1863 – 16 de outubro de 1877 ← Lorenzo Bergeretti (en) – Antonio Galibert (en) → Diocese: diocese católica latina de Santorini | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1863–1915), sacerdote católico (1845–) |
Orde relixiosa | Orde dos Freires Menores Reformados |
Consagración | Vincenzo Spaccapietra |
Cesare Fedele Abbati, O.F.M.Ref.,[1] nado o 31 de marzo de 1820 en Módena e finado o 8 de abril de 1915, foi un relixioso latino, bispo de Santorini e de Quíos, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Módena o 31 de marzo de 1820.[2][3] Entrou na Orde dos Freires Menores Reformados, e foi superior da súa orde en Esmirna.[2][3]
O 17 de marzo de 1863 foi nomeado bispo de Santorini.[2][3] Recibiu a consagración episcopal o 24 de maio do mesmo ano en Esmirna, de mans do arcebispo de Esmirna Vincenzo Spaccapietra.[4]
O 17 de xuño de 1867 foi nomeado prelado doméstico e bispo asistente ao trono pontificio polo papa Pío IX.[5][3] Entre o 10 de maio e o 13 de xuño de 1869 participou nun Concilio de bispos latinos celebrado en Esmirna, no que tamén participaron Vincenzo Spaccapietra, Lorenzo Bergeretti, Spyridon Madalenas, Ignazio Giustiniani, Giuseppe Maria Alberti, Ioannis Maragkos, Niccola Adolfo Marinelli e Jacques Barozzi.[6]
Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.[7][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamén Fidele Abbati, Fidèle Abbati, Fedele Abati.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Sede arcivescovili e vescovili residenziale". Annuario pontificio 1869 (en italiano). Roma: Tipografia della R.C.A. 1869. p. 212.
Santorino, Sanctorien. - Arcipelago Greco. - Fedele Abbati, dei Min. Osserv. Riformati, n. in Modena 31 mar. 1820, eletto 17 mar. 1863.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 da Valcamonica, Costantino (1872). L'ordine serafico nel Concilio Vaticano (en italiano). Venecia: Tipografia Emiliana. p. 24.
Fedele Abbati, de'Min. Rif., prov. di Bologna, n. in Modena 31 mar. 1820, già Superiore dei Francescani a Smirne, p. a Santorino mell'Arcipelago Greco 17 mar. 1863, el. Prel. Dom. ed Ass. al Soglio 17 giug. 1867.
- ↑ Chapeau O.S.B., Dom André; Bransom Jr., Charles N. (1987). "Franciscan Bishops". Franciscan Studies (Franciscan Institute Publications) 47: 361. doi:10.1353/frc.1987.0015.
1863, 24 May, at Izmir. Vincenzo Spaccapietra, Archbishop of Izmir consecrated: Cesare Fidele Abbati, Bishop of Santorino.
- ↑ "Capella pontificia". Annuario pontificio 1869 (en italiano). Roma: Tipografia della R.C.A. 1869. p. 381.
- ↑ Oeuvre pontificale missionnaire de la Propagation de la foi (1869). "Lettre des Pères du Concile latin de Smyrne". Annales de la propagation de la foi (en francés) (Lión: M.-P. Rusand) 41 (246): 329–331.
- ↑ Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 3.
Abbati Fedele de Min. Rifor., Vescovo di Santorino.