Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios
A Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios foi unha organización política creada en 1938.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O exemplo da Agrupación Confederal Galaica en Asturias espallouse a Madrid, Valencia, Cartagena e Xirona, onde se crearon Agrupacións de "Gallegos Libertarios" entre 1937 e 1938. Na súa organización interviron militantes cenetistas galegos como Manuel Amil Barcia, en Madrid; Luís Chamorro e Manuel Pita Armada, en Cartagena; Alfonso Fandiño Ricart, en Valencia e Miguel Vázquez Valiño en Xirona. A máis numerosa foi a de Madrid, presidida por Samuel Gómez González, que tivo máis de mil militantes e editou o periódico Galicia Libre. En abril de 1938 tivo lugar un pleno en Madrid no que se acordou constituír a Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios, establecendo a súa secretaría en Valencia a cargo de Melquíades Lestón.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. pp. 109–110. ISBN 84-87783-79-1.