Federico Zamora
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1892 A Coruña, España |
Morte | 12 de agosto de 1975 (83 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | político, escritor |
Membro de | |
Federico Zamora Mosquera, nado o 7 de agosto de 1892 e finado na Coruña o 12 de agosto de 1975[1], foi un político e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou sendo novo a Buenos Aires, onde ampliou os seus coñecementos. Retornou e foi membro da Irmandade da Fala da Coruña, da que foi bibliotecario en 1918 e vicepresidente en 1923. Participou na Asemblea de Lugo e Monforte. Foi promotor e fundador con Ánxel Casal da primeira escola de ensinanza galega e foi comisionado para visitar as Escuelas del Mar e as Escuelas de ensinanza catalá de Barcelona para ver como funcionaban. Colaborou con Leandro Carré Alvarellos na creación da Escola Dramática Galega. Colaborou en A Nosa Terra. Representante de calzados Senra, percorreu o país con Víctor Casas para levar a mensaxe do nacionalismo galego. Trasladado a Vigo foi fundador e presidente da ORGA viguesa e asistiu ao Pacto de Lestrobe. Retornou a Coruña en setembro de 1931. En xuño de 1936 foi nomeado administrador do balneario Termas Pallarés de Alhama de Aragón[2]. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expedientado por Responsabilidades Políticas e sufriu unha sanción económica. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Obras
[editar | editar a fonte]- Refráns e ditos populares galegos, 1972.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Pilar Castro Iglesias en 1917.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 13-8-1975, p. 30.
- ↑ La Voz de Galicia, 3-6-1936, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Liberados del olvido[Ligazón morta]
- Artigo de Federico Mosquera no Boletín da RAG Arquivado 04 de setembro de 2018 en Wayback Machine.