Felipe Antonio Gil de Taboada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de maio de 1668 Bergazos, España |
Morte | 29 de abril de 1722 (53 anos) Sevilla, España |
Arcebispo de Sevilla | |
4 de marzo de 1720 – 29 de abril de 1722 ← Manuel Arias y Porres (pt) – Luis de Salcedo y Azcona (pt) → | |
Arcebispo católico | |
4 de marzo de 1720 – | |
Bispo de Osma | |
22 de abril de 1715 – ← Andrés Soto de la Fuente (en) – Miguel Herrero Esgueva (en) → Diocese: bispado de Osma | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | político |
Consagración | Carlos de Borja y Centellas |
Felipe Antonio Gil de Taboada, nado en Bergazos (Donsión, Lalín) o 1 de maio de 1668 e finado en Sevilla o 29 de abril de 1722, foi un relixioso e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Gómez Gil de Taboada e de Beatriz Fernández Noguerol. Doutorouse en leis e cánones na Universidade de Santiago de Compostela, na que foi catedrático, e de alí pasou á corte, onde co patrocinio do inquisidor xeneral Diego Sarmiento Valladares conseguiu praza de fiscal da inquisición en Canarias; porén no chegou a ocupar o posto, permanecendo en Madrid como vicario eclesiástico. En 1695 entró como bolseiro no Colexio maior de Cuenca da Universidade de Salamanca.[1] En 1710 Filipe V nommeouno presidente da Real Chancillería de Valladolid, e posteriormente comisario xeral da Santa Cruzada con residencia en Madrid.
En febreiro de 1715 foi comisionado como inquisidor xeneral, aínda que non chegou a exercer.[2] Ese mesmo ano foi elixido bispo de Osma, pero entre xuño e outubro ocupou a presidencia do Consello de Castela (restablecida logo da abolición das reformas decretadas na Nueva Planta), polo que non ocupou a diocese ata novembro. En 1720 foi promovido ao arcebispado de Sevilla, onde morreu aos 54 anos. Foi soterrado na igrexa do Sagrario de Sevilla.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Juan Loperráez Corvalán: Descripcion histórica del obispado de Osma, páxs. 554 - 556.
- ↑ José F. Alcaraz Gómez: Documentos: Felipe V y sus confesores jesuitas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Felipe Antonio Gil de Taboada |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Felipe Gil de Taboada en Retratos de Españoles ilustres.