Inquisidor xeneral
O inquisidor xeneral ou grande inquisidor (en latín: Inquisitor Generalis) foi a máxima autoridade oficial da Inquisición española. O primeiro e probablemente o máis famoso foi Tomás de Torquemada, relixioso dominico.
Historia
[editar | editar a fonte]O nomeamento correspondía ao papa a proposta do rei da Monarquía Hispánica, aínda que na práctica o pontífice limitábase a confirmar ás persoas designada polo monarca. Tras cada nomeamento o papa promulgaba un breve pontificio no que delegaba a súa autoridade para reprimir a herexía no novo inquisidor, así como lle outorgaba a condición de xuíz supremo en tódalas apelacións das sentenzas dos tribunais provinciais. A partir dese momento o inquisidor xeneral podía actuar sen estar mediatizado por Roma. O inquisidor xeneral era en realidade un cargo da monarquía máis que unha dignidade eclesiástica, pero o rei non podía destituílo, porque non deixaba de ser un delegado papal, e si o cargo quedaba vacante os tribunais provinciais non podían actuar.[1]
Tras a resolución das Cortes de Cádiz no século XIX, tivo lugar a abolición definitiva da Inquisición, que recibira co libro de Juan Antonio Llorente unha crítica demoledora. Precisamente, o presbítero canario Cristóbal Bencomo y Rodríguez quen foi confesor do rei Fernando VII[2] e arcebispo titular de Heraclea, foi proposto polo propio rei como inquisidor xeneral de España (cargo rexeitado polo mesmo Bencomo).[3] Isto debeuse, entre outras cousas, a que Bencomo entendía que tras a Constitución de Cádiz, o Santo Oficio era unha institución chamada á desaparición, pois non contaba coa simpatía da maioría dos estamentos segrares e eclesiásticos. Ocuparía o seu lugar Jerónimo Castillón y Salas, bispo de Tarazona, quen sería o último Inquisidor xeneral de España.
Lista de inquisidores xenerais
[editar | editar a fonte]Os seguintes personaxes desempeñaron o cargo de inquisidores xenerais entre 1483 e 1834:
- Tomás de Torquemada (1483-1498), Prior de Santa Cruz[4]
- Diego de Deza, arcebispo de Sevilla (1498-1507). Renunciou.
- Francisco Jiménez de Cisneros: só na Coroa de Castela (1507-1517), cardeal e arcebispo de Toledo.
- Juan Enguera: só na Coroa de Aragón (1507-1513), bispo de Vic.
- Luis Mercader: só na Coroa de Aragón (1513-1516), bispo de Tortosa.
- Adriano de Utrecht: só na Coroa de Aragón (1516); inquisidor xeneral de Castela e Aragón (1518-1522), cardeal e bispo de Tortosa, papa Hadrián VI (1522-1523).
- Alonso Manrique (1523-1538), cardeal e arcebispo de Sevilla.
- Juan Pardo de Tavera (1539-1545), arcebispo de Toledo.
- García de Loaysa y Mendoza (1546), arcebispo de Sevilla.
- Fernando Valdés y Salas (1547-1566), arcebispo de Sevilla. Renunciou en 1566.
- Diego de Espinosa (1567-1572), bispo de Sigüenza.
- Gaspar de Quiroga (1573-1594), cardeal e arcebispo de Toledo.
- Jerónimo Manrique de Lara (1595), bispo de Ávila.
- Pedro Portocarrero (1596-1599), bispo de Calahorra, despois de Córdoba. Renunciou.
- Fernando Niño de Guevara (1599-1602), cardeal e arcebispo de Sevilla. Renunciou.
- Juan de Zúñiga e Flores (1602), bispo de Cartaxena.
- Juan Bautista de Acevedo (1603-1608), bispo de Valladolid.
- Bernardo de Sandoval y Rojas (1608-1618), cardeal e arcebispo de Toledo.
- Luis de Aliaga (1619-1621), confesor real. Renunciou.
- Andrés Pacheco (1622-1626), bispo de Cuenca.
- Antonio Zapata y Cisneros (1627-1632), cardeal e arcebispo de Burgos. Renunciou.
- Antonio de Sotomayor (1632-1643), arcebispo de Damasco.
- Diego de Arce y Reinoso (1643-1665), bispo de Plasencia.
- Pascual de Aragón (1665), arcebispo de Toledo. Renunciou.
- Juan Everardo Nithard S.J. (1666-1669), confesor do rei, cardeal e arcebispo de Edesa. Renunciou.
- Diego Sarmiento de Valladares (1669-1695), bispo de Plasencia.
- Juan Tomás de Rocabertí (1695-1699), arcebispo de Valencia.
- Alonso de Aguilar (1699), cardeal. Nomeado por Carlos II, morreu antes de que chegase a bula papal de confirmación.
- Baltasar de Mendoza y Sandoval (1699-1705), bispo de Segovia. Foi cesado por Filipe V polas súas simpatías austracistas durante a guerra de sucesión.
- Vidal Marín del Campo (1705-1709), bispo de Ceuta.
- Antonio Ibáñez de la Riva Herrera (1709-1710), arcebispo de Zaragoza.
- Francesco del Giudice (1711-1716), cardeal. Renunciou.
- José de Molines (1717), auditor da Rota romana. Preso en Milán polas tropas austríacas, morreu durante o cativerio.
- Juan de Arzamendi (1720), nomeado por Filipe V, morreu antes de tomar posesión do cargo.
- Diego de Astorga y Céspedes (1720), bispo de Barcelona. Renunciou.
- Juan de Camargo Angulo (1720-1733), bispo de Pamplona.
- Andrés de Orbe y Larreátegui (1733-1740), arcebispo de Valencia.
- Manuel Isidro Orozco Manrique de Lara (1742-1746), arcebispo de Santiago de Compostela.
- Francisco Pérez de Prado e Costa (1746-1755), bispo de Teruel.
- Manuel Quintano Bonifaz (1755-1774), arcebispo de Farsala. Renunciou.
- Felipe Beltrán Serrano (1775-1783), bispo de Salamanca.
- Agustín Rubín de Ceballos (1784-1793), bispo de Xaén.
- Manuel Abad y Lasierra (1793-1794), bispo de Astorga e arcebispo de Selimbria.
- Francisco Antonio de Lorenzana (1794-1797), cardeal arcebispo de Toledo. Renunciou.
- Ramón José de Arce (1798-1808), arcebispo de Burgos e Zaragoza. Renunciou.
- Abolición da Inquisición (1808-1814), durante a ocupación napoleónica de España.
- Francisco Javier Mier y Campillo (1814-1818), bispo de Almería.
- Cristóbal Bencomo e Rodríguez (1818), confesor de Fernando VII (o cargo de Inquisidor xeneral, foi rexeitado polo propio Bencomo).
- Jerónimo Castillón e Salas (1818-1820), bispo de Tarazona.
- 1820: Abolición da Inquisición, durante o Trienio Liberal.
Literatura
[editar | editar a fonte]O Gran Inquisidor é tamén o nome dun capítulo da obra literaria Bratia Karamazovy, do escritor e filósofo ruso Fiódor Dostoievski. O personaxe central da peza é un Grande Inquisidor que arresta e procesa a Xesús de Nazaret.
Javier Alfaya, na súa novela Eminencia ou A memoria finxida (1993, ISBN 84-204-8103-3), fábula a vida dun dos últimos inquisidores Xenerais, Ramón José de Arce, a partir dunhas imaxinarias memorias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Parra López, Emilio; Casado, María Ángeles (2013). La Inquisición en España. Agonía y abolición. p. 32.
- ↑ "Obispos canarios en el mundo" Diocese de Canarias.
- ↑ "Biografía de Cristóbal Bencomo y Rodríguez". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
- ↑ En 1494, o papa Alexandre VI nomeou inquisidores xenerais adxuntos a Martín Ponce de León, arcebispo de Mesina; Íñigo Manrique de Lara, bispo de Córdoba; Alonso Suárez de la Fuente del Sauce, bispo de Mondoñedo; e Francisco Sánchez de la Fuente, bispo de Ávila.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inquisidor xeneral |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gómez Roán, Concepción (1998). "Notas sobre el establecimiento de la Inquisición española". Revista de la Inquisición (en castelán) (7): 325–328.
- La Parra López, Emilio; Casado, María Ángeles (2013). La Inquisición en España. Agonía y abolición. Madrid: Los Libros de la Catarata. ISBN 978-84-8319-793-6.
- Pérez Villanueva, J., e Escandell Bonet, B. (1984). Historia de la Inquisición en España y América. I: El conocimiento científico y el proceso histórico de la Institución (1478-1834). Biblioteca de Autores Cristianos. ISBN 84-220-1158-1.