Arquidiocese católica latina de Pamplona e Tudela
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 653.846 (2019) (62,74 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua castelá | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 10.421 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 11 de agosto de 1984 | ||||
Catedral | Catedral de Santa María da Asunción de Pamplona Catedral de Santa María de Tudela | ||||
Sitio web | iglesianavarra.org | ||||
A arquidiocese de Pamplona e Tudela (en latín: Archidiœcesis Pampilonensis et Tudelensis) é unha diocese da Igrexa Católica Latina, erixida no século V como diocese de Pamplona. En 1956 a diocese de Pamplona foi elevada a arquidiocese, coas dioceses sufragáneas de San Sebastián, Calahorra e Jaca. En 1984 uniuse á diocese de Tudela.
Territorio
[editar | editar a fonte]O territorio da arquidiocese abrangue a comunidade foral de Navarra. A arquidiocese limita coas diocese de Vitoria ao oeste, Baiona ao norte, Jaca ao leste, Tarazona ao sur, Donostia ao noroeste, Calahorra e La Calzada-Logroño ao suroeste, e coa arquidiocese de Zaragoza ao sueste. O territorio da arquidiocese ten unha extensión de 10.421 km², e está organizado en 737 parroquias.
A sé arcebispal é a cidade de Pamplona, onde está a catedral de Santa María da Asunción. En Tudela está a catedral de Santa María.