Saltar ao contido

Diocese católica latina de Donostia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDiocese católica latina de Donostia
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°19′N 1°59′O / 43.32, -1.98
Escindido deDiocese de Vitória (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación717.832 (2017) Editar o valor en Wikidata (363,09 hab./km²)
Lingua usadalingua castelá Editar o valor en Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Diocese (Ecclesiastical province of Pamplona and Tudela (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Superficie1.977 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación2 de decembro de 1949 Editar o valor en Wikidata
CatedralGood Shepherd Cathedral of San Sebastián (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webelizagipuzkoa.org… Editar o valor en Wikidata
Twitter: diocesis_ss TikTok: diocesisdesansebastian Editar o valor en Wikidata

A diocese de Donostia é unha diocese católica sufragánea da Arquidiocese de Pamplona e Tudela, creada en 1949 polo papa Pío XII, segregada da diocese de Vitoria. A súa catedral é a Igrexa do Bo Pastor, sendo outros templos importantes as basílicas de Nuestra Señora del Coro, de Arantzazu e de Loiola. O bispo actual é José Ignacio Munilla.

Territorio

[editar | editar a fonte]

A diocese abrangue o territorio da provincia civil de Guipúscoa. Está dividida en 216 parroquias, estruturadas en 14 arciprestazgos: Antiguo, Arrasate-Bergara, Azpeitia, Éibar, Hernani, Herrera-Alza, Irún, Ordizia, Rentería, San Ignacio, Santa María, Tolosa, Zarautz e Zumarraga.

Limita coas dioceses de Bilbao, Vitoria, Pamplona e Tudela e Baiona.

Historicamente o territorio que abrangue a diocese estivo dividido entre tres dioceses, Baiona, Pamplona e diocese de Calahorra. Pola bula «In Celcissima» de setembro de 1861 erixiuse a diocese de Vitoria, que comprendía todos os territorios da actual Comunidade Autónoma Vasca.[1]

A diocese de Donostia, sufragánea da arquidiocese de Pamplona e Tudela, foi creada durante o pontificado do papa Pío XII coa bula «Quo commodius» do 2 de decembro de 1949, que foi publicada varios meses máis tarde, o 1 de xullo de 1950.[2] Foi erixida dentro do territorio da diocese de Vitoria xunto coa tamén nova diocese de Bilbao, abarcando á provincia civil de Guipúscoa. Dende a súa creación até o 11 de agosto de 1956 foi sufragánea, como as outras dous dioceses vascas, da arquidiocese de Burgos, pasando a pertencer despois á provincia eclesiástica de Pamplona e Tudela.

A diocese ten como patróns ao fundador da Compañía de Xesús, San Ignacio de Loiola (nado en Azpeitia), e á advocación mariana da Virxe de Arantzazu.[3]

Lista de bispos de Donostia

[editar | editar a fonte]

Dende a súa erección en 1949, os bispos de Donostia teñen sido os seguintes:[4][5]

Notas e referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Bula In celsissima, en Pii IX Pontificis Maximi Acta. Pars prima, Vol. III, Roma 1864, páxinas 262–280 (en latín)
  2. Bula Quo commodius, AAS 42 (1950), p. 535 (en latín)
  3. "Historia de la Diócesis de San Sebastián". Donostiako Elizbarrutia / Diócesis de San Sebastián (en castelán). Consultado o 10/01/2024. Territorialmente abarca la provincia civil de Gipuzkoa y tiene como patronos a San Ignacio de Loyola y la Virgen de Aranzazu [...] [Ligazón morta]
  4. Ficha en Catholic-Hierarchy.org
  5. Ficha en GCatholic.org