Saltar ao contido

Diocese católica latina de Bilbao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diocese de Bilbao»)
Modelo:Xeografía políticaDiocese católica latina de Bilbao
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°16′N 2°55′O / 43.26, -2.92
Escindido deDiocese de Calahorra e La Calzada-Logroño (pt) Traducir
Diocese católica latina de Santander
Diocese de Vitória (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.134.034 (2018) Editar o valor en Wikidata (517,12 hab./km²)
Lingua usadalingua castelá Editar o valor en Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2.193 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación2 de novembro de 1949 Editar o valor en Wikidata
CatedralCatedral de Santiago de Bilbau (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webbizkeliza.org Editar o valor en Wikidata
Twitter: diocesisbilbao Editar o valor en Wikidata

A diocese de Bilbao (en latín: Dioecesis Flaviobrigensis, en éuscaro: Bilboko Elizbarrutia) é unha sé episcopal da Igrexa Católica de rito latino en España. Fai parte da provincia eclesiástica de Burgos, e o seu ordinario actual é o bispo Mario Iceta.

Territorio

[editar | editar a fonte]
Localización e extensión da diocese de Bilbao na arquidiocese de Burgos.

O territorio da diocese coincide co da provincia de Biscaia (parte da comunidade autónoma do País Vasco), con só dúas excepcións: o enclave biscaíño de Orduña, que pertence á diocese de Vitoria, e o municipio cántabro de Valle de Villaverde, que forma parte da diocese bilbaína.

Limita coas dioceses de Santander, Vitoria e San Sebastián.

A diocese de Bilbao foi erixida por Pío XII a través da bula Quo Commodius do 2 de novembro de 1949 como unha desmembración da Diocese de Vitoria.

O nome latino de Dioecesis Flaviobrigensis foille imposto pola bula de erección ao supoñer que Bilbao foi o lugar onde estivo asentada a cidade hispanorromana de Colonia Flaviobrigensium, feito que o historiador Andrés Eliseo de Mañaricúa y Nuere considera pouco probable.

Santos e beatos

[editar | editar a fonte]

O patrono da diocese de Bilbao é santo Ignacio de Loiola. San Valentín de Berriochoa, primeiro mártir biscaíño canonizado, está considerado como patrono secundario da diocese.

Ademais dos anteriores, a diocese de Bilbao celebra no seu calendario litúrxico propio as memorias dos seguintes santos e beatos, vencellados a diocese por nacemento ou por ter vivido nela:

A Virxe de Begoña, advocación da Virxe María que é venerada no santuario do mesmo nome, é patroa do Señorío de Biscaia, mais non da diocese de Bilbao; porén, celébrase con rango de solemnidade.

Episcopoloxio

[editar | editar a fonte]

Dende o seu establecemento, os bispos diocesanos de Bilbao teñen sido os seguintes:

  1. Casimiro Morcillo (1950 - 1955, nomeado arcebispo de Zaragoza)
  2. Pablo Gúrpide (1955 - 1968, finado)
  3. Antonio Añoveros (1971 - 1978, renuncia)
  4. Luis María de Larrea (1979 - 1995, retirado)
  5. Ricardo Blázquez (1995 - 2010, nomeado arcebispo de Valladolid)
  6. Mario Iceta (2010 - 2020, nomeado arcebispo de Burgos)
  7. Joseba Segura (dende o 3 de xullo de 2021)

Nos períodos nos que a sé estivo vacante, os administradores apostólicos da mesma foron os seguintes:

Os bispos auxiliares de Bilbao teñen sido os seguintes:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]