Arquidiocese católica latina de Madrid
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Escindido de | Arquidiocese católica latina de Toledo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.146.225 (2019) (1.131,92 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua castelá | ||||
Relixión | Igrexa católica latina | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 3.663 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 23 de xullo de 1991 | ||||
Catedral | Catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid (1993–) Real Colegiata de San Isidro (pt) (–1993) | ||||
Páxina web | archimadrid.es | ||||
A arquidiocese de Madrid (en latín: Archidioecesis Matritensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2004 contaba con 3 359 000 bautizados sobre unha poboación total de 3 746 000 habitantes. O seu arcebispo dende 2014 é Carlos Osoro Sierra.
Territorio
[editar | editar a fonte]A arquidiocese abrangue parte da Comunidade de Madrid. A sé arcebispal é a cidade de Madrid, onde está a Catedral da Almudena. O territorio está organizado en 476 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]O 7 de marzo de 1885 foi erixida a diocese de Madrid e Alcalá de Henares, en territorios da arquidiocese de Toledo. No mesmo ano foi creado o seminario diocesano, baixo a advocación de san Boaventura.
O 25 de marzo de 1964 foi elevada ao rango de arquidiocese coa bula Romanorum Pontificum do papa Paulo VI, e mudou o seu nome polo de arquidiocese de Madrid.
O 23 de xullo de 1991, coa bula Cum Venerabilis Frater do papa Xoán Paulo II, cedeu parte dos seus territorios para erixir as dioceses de Alcalá de Henares e de Xetafe, e ao mesmo tempo foi elevada ao rango de sé metropolitana.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Bispos de Madrid e Alcalá de Henares
- Narciso Martínez Izquierdo (27 de marzo de 1884 - 19 de abril de 1886, finado)
- Ciriaco María Sancha y Hervás (10 de xuño de 1886 - 11 de xullo de 1892, nomeado arcebispo de Valencia)
- José María Cos y Macho (11 de xullo de 1892 - 18 de abril de 1901, nomeado arcebispo de Valladolid)
- Victoriano Guisasola y Menéndez (16 de decemro de 1901 - 14 de decembro de 1905, nomeado arcebispo de Valencia)
- José María Salvador y Barrera (14 de decembro de 1905 - 4 de decembro de 1916, nomeado arcebispo de Valencia)
- Prudencio Melo y Alcalde (4 de decembro de 1916 - 14 de decembro de 1922, nomeado arcebispo de Valencia)
- Leopoldo Eijo y Garay (14 de decembro de 1922 - 31 de agosto de 1963, finado)
- Arcebispos de Madrid
- Casimiro Morcillo González (27 de marzo de 1964 - 30 de maio de 1971, finado)
- Vicente Enrique y Tarancón (3 de decembro de 1971 - 12 de abril de 1983, retirado)
- Arcebispos Metropolitanos de Madrid
- Ángel Suquía Goicoechea (12 de abril de 1983 - 28 de xullo de 1994, retirado)
- Antonio María Rouco Varela (28 de xullo de 1994 - 28 de agosto de 2014, retirado)
- Carlos Osoro Sierra (28 de agosto de 2014 - 12 de xuño de 2023, retirado)
- José Cobo Cano (nomeado o 12 de xuño de 2023)