Fernando Barros Pumariño
Fernando Barros Pumariño, Valle-Inclán e Domingo García Sabell en Santiago de Compostela en 1935. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1906 Santiago de Compostela, España |
Morte | 22 de marzo de 1959 (52 anos) París, Francia |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Cronoloxía | |
26 de marzo de 1930 | Pacto de Lestrobe |
Fernando Barros Pumariño, nado en Santiago de Compostela o 15 de agosto de 1906 e finado en París o 22 de marzo de 1959, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudante de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, delegado da Sociedad General de Autores. Amigo e compañeiro de Arturo Cuadrado. Pertenceu á masonería. Participou no Pacto de Lestrobe en representación da ORGA e foi elixido secretario do Centro Republicano de Santiago de Compostela en xaneiro de 1931.[1] Despois integrouse en Izquierda Republicana. Foi detido pola folga xeral revolucionaria de 1934. Amigo de Ramón María del Valle-Inclán, acompañouno nos seus últimos momentos e foi o seu testamenteiro[2].
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, permaneceu agochado no Sanatorio Baltar até que logrou atravesar a fronteira portuguesa e pasar á zona leal. Integrouse no exército republicano como comandante. Contactou en Valencia con Borobó. Coa derrota republicana foi detido e internado na prisión de San Miguel de los Reyes (Valencia) o 14 de abril de 1939. Despois pasou á prisión de Porlier. En xuño de 1945 as autoridades franquistas conmutáronlle a pena pola de seis anos de confinamento, que tería que cumprir en Vigo. En abril de 1948 desapareceu do seu domicilio de Vigo e fuxiu a Francia. Alí traballou de albanel. Reuníase no café Mabillon de París xunto con outros exiliados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 20-1-1931, p. 8.
- ↑ Rivas, Manuel (23/5/2008). "O enterro que fixo tremer Galicia" El País.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz Rey, María (2004). Noticia sobre Fernando Barros Pumariño (1906-1959). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-143-5.
- Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. pp. 222–224. ISBN 84-8485-186-9.