Saltar ao contido

Fernando Macedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fernando Macedo Silva»)
Nano
Información persoal
Nome Fernando Macedo da Silva Rodilla
Nacemento 20 de abril de 1982 (42 anos)
Lugar de nacemento A Coruña
Altura 1,87 m.
Posición Interior
Información de club
Club actual Racing de Ferrol
Carreira xuvenil
Ural
Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1999–2003 Barcelona B 111 (21)
1999–2003 Barcelona 4 (0)
2003–2006 Atlético Madrid 39 (6)
2005–2006Getafe (cedido) 8 (2)
2006–2008 Cádiz 37 (2)
2008–2009 Racing Ferrol 22 (4)
2009–2012 Numancia 90 (13)
2012–2013 Osasuna 18 (0)
2013–2014 Alavés 23 (0)
2015– Racing Ferrol 1 (1)
Selección nacional
1998–1999 España sub-16 9 (4)
1999 España sub-17 3 (0)
2000–2001 España sub-18 11 (2)
2001 España sub-20 1 (0)
2000–2003 España sub-21 2 (0)
Na rede
FIFA: 175419 Editar o valor en Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 26 de xaneiro de 2015.
editar datos en Wikidata ]

Fernando Macedo da Silva Rodilla, máis coñecido como Nano, nado na Coruña o 20 de abril de 1982, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Racing de Ferrol.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado nas categorías inferiores do Ural C.F., en idade xuvenil incorporouse ao fútbol base do FC Barcelona. Considerado un dos xogadores máis prometedores da La Masia, o técnico Louis van Gaal fíxolle debutar oficialmente no primeiro equipo con motivo da disputa da Supercopa de España. Tivo unha destacada actuación suplindo a Rivaldo, e poucos días despois, o 22 de agosto de 1999, fixo historia debutando na Primeira División, ao ser o xogador máis novo en vestir a elástica barcelonista en partido de liga.[1] Poucos días máis tarde, o 27 de outubro de 1999, nun encontro da Liga de Campións ante o AIK Solna, converteuse no xogador máis novo do FC Barcelona en disputar un encontro de competición europea. O xogador galego tiña aquela noite 17 anos, 6 meses e 7 días.[2]

Con todo, unha lesión cortou a súa progresión. Continuou catro anos máis xogando co filial do FC Barcelona, disputando ocasionalmente algúns partidos co primeiro equipo. O verán de 2003, coa chegada de Frank Rijkaard ao banco, foi definitivamente descartado pola entidade barcelonista. Coa carta de liberdade en man, fichou polo Atlético de Madrid.[3]

A pesar dunha primeira tempada prometedora cos colchoneiros -28 partidos de liga e 5 goles-, a campaña 2004/05 tivo unha presenza testemuñal no equipo, o que lle levou a buscar un cambio de aires. A tempada 2005/06 pertenceu ao Getafe CF, onde, de novo, apenas dispuxo de minutos de xogo.

O verán de 2006 fichou polo Cádiz CF e cos gaditanos xogou dúas tempadas en Segunda División. A tempada 2008-09 xogou co Racing de Ferrol en Segunda B. O 10 de xullo de 2009 anunciouse a súa incorporación ao CD Numancia.

Traxectoria como adestrador

[editar | editar a fonte]

Tralo seu retiro no Racing de Ferrol, volveu á súa cidade natal e empezou a adestrar o equipo infantil do Colexio Obradoiro, onde estudara. Tras acadar o ascenso na temporada 2018-19, foi fichado polo Deportivo da Coruña para adestrar os equipos infantil e cadete da canteira coruñesa.

Club País Ano
FC Barcelona B España España 1998-1999
FC Barcelona España España 1999
FC Barcelona B España España 1999-2003
FC Barcelona España España 2003
Atlético de Madrid España España 2003-2005
Getafe CF España España 2005-2006
Cádiz CF España España 2006-2008
Racing de Ferrol Galicia Galicia 2008-2009
CD Numancia España España 2009-2012
CA Osasuna España España 2012-2013
Alavés España España 2013-2014
Racing de Ferrol Galicia Galicia 2015-presente

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]