Saltar ao contido

Fernando Meleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Meleiro
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor en Wikidata
Ribadavia, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xullo de 1963 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 346566 BNE: XX1362839

César Fernando Meleiro Fernández, nado en Ribadavia en 1899 e finado en Ourense o 8 de xullo de 1963, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do rexistrador Darío Meleiro Tejada e de Eugenia Fernández Román. Estudou o bacharelato no Colexio dos Escolapios de Celanova.[1] Licenciado en Dereito. Presidiu a Sociedad Cultural Curros Enríquez de Celanova en 1927.[2] Colaborou en Galicia. Abriu bufete en Ourense en 1934. Fundador e xefe provincial de Falange de Ourense dende 1934, despois foi conselleiro nacional e xefe territorial de Falange de Galicia.[3] Fuxiu a Portugal para evitar a detención polas redadas ordenadas polo goberno contra Falange. Por ese motivo foi destituido como xefe territorial de Galicia por Manuel Hedilla, substituto de José Antonio, cando percorreu Galicia en xullo de 1936 para reorganizar os mandos falanxistas, e substituído por Mario González Zaera.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi combatente. Foi nomeado xefe provincial de Falange de Ourense a finais de 1936.[4] Delegado provincial de Justicia y Derecho a principios dos anos corenta,[5] foi concelleiro, primeiro tenente-alcalde de Ourense e deputado provincial, ademais de inspector provincial de Falange.[6] Nomeárono delegado provincial do Ministerio de Vivenda en Ourense en 1957.[7] Finou en Ourense o 8 de xullo de 1963.[8]

  • Anecdotario de la Falange de Orense, 1957.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Cruz de Cabaleiro da Orde de Cisneros en 1952.[9]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Ourense con Elena Muñiz Guerra, filla de Olegario Muñiz Álvarez, en 1938.[10]

  1. Noticiero de Vigo, 29-7-1913, p. 1.
  2. Vida Gallega, 10-1-1927, p. 24.
  3. Alborada, 25-12-1935, p. 6.
  4. El Ideal Gallego, 5-1-1937, p. 2.
  5. La Región, 25-1-1940, p. 3.
  6. La Región, 7-6-1950, p. 3.
  7. La Región, 23-11-1957, p. 6.
  8. Necrolóxicas en La Región, 8-7-1963, p. 9, 10 e 14.
  9. La Región, 30-10-1952, p. 4.
  10. La Región, 31-5-1938, p. 4.