Fernando Mendonça
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1932 ![]() Luanda, Angola ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Jorge Alberto de Mendonça Paulino ![]() |
Fernando Manuel de Mendonça Paulino, nado en Luanda (Angola) o 15 de outubro de 1932, é un exfutbolista portugués, de orixe angolana. Xogaba de dianteiro. É irmán dos tamén futbolistas Jorge Alberto Mendonça e João Mendonça.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Luanda, capital da África Occidental Portuguesa. Súa nai era angolana e seu pai un portugués enviado a Angola para traballar no Observatorio Meteorolóxico. Este foi fundador do Sporting Clube de Luanda.[1] A familia trasladouse logo a Portugal. Alí comezou a xogar xunto a seus irmáns na canteira do Sporting de Lisboa, pero non logrou facerse cun sitio no equipo principal e foi cedido ao Juventude de Évora. Regresou ao Sporting en 1952, disputado nesa tempada 15 partidos e facendo 3 goles, proclamándose campión da Liga Portuguesa ao termo da campaña. Na seguinte tempada, xogou 29 partidos oficiais e marcou 13 goles, volvendo gañar a Liga, e converténdose o Sporting no primeiro tetracampión de liga en Portugal. Nese mesmo ano, tamén gañou a Copa de Portugal, nunha final xogada fronte ao Vitória de Setúbal que rematou 3-2 e na que Fernando anotou dous goles.[2] Na seguinte campaña non tivo tanta continuidade e acabou sendo cedido ao Torreense na tempada 55/56.
Despois doutra tempada cedido ao Torres Vedras, desvinculouse totalmente do Sporting de Lisboa e firmou polo Sporting de Braga, onde ficou varias tempadas ata 1961.
A falta de seis partidos para que rematase a tempada 1957–58 chegou cedido ao Deportivo da Coruña, para intentar evitar un descenso a Terceira División que se daba por feito. Chegou xunto aos seus irmáns Jorge e João, mais este último non puido xogar pola regulamentación.[3] Finalmente, e tras gañar a promoción contra o Ourense (4–1), o Deportivo salvou a categoría. Na tempada 1961–62, volveu novamente ao conxunto coruñés, obtendo o ascenso a Primeira División, xogando 16 partidos e marcando 2 goles. Na seguinte tempada xogou tan só tres encontros, descendendo ao final da campaña a Segunda División.
Marchou no verán de 1963 para Italia. Alí realizou unha proba coa Lazio, pero non convenceu ao adestrador Juan Carlos Lorenzo. Tras pasar polo Elche rematou a súa carreira futbolística no Penafiel en 1966.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Sporting CP
- Primeira Liga (2): 1952-53, 1953-54
- Copa de Portugal (1): 1953-54
- Deportivo
- Segunda División (1): 1961-62
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Giraldo, Javier (1 de febreiro de 2018). "Jorge Alberto Mendoza, la increíble historia del culé que se hizo predicador". Sport (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2020.
- ↑ Fernando Mendonça en sportingcanal.com (en portugués)
- ↑ "Cartabia, Braga y los Mendonça". La Opinión A Coruña (en castelán). 6 de febreiro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2020.