Saltar ao contido

Luis Sánchez Bellón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis Sánchez Bellón
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1937 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,72 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña

Luis Sánchez Bellón, nado na Coruña o 25 de xullo de 1937, é un exfutbolista galego. Xogaba de extremo esquerdo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido na Coruña, xogou no Oza Juvenil antes de marchar a Asturias, onde fichou polo Sporting de Gijón. Con este club debutou na Segunda División na oitava xornada da tempada 1955/56.[1] Continuou no Sporting na tempada seguinte, na que o equipo se proclamou campión e ascendeu a Primeira, aínda que non chegou a xogar ningún partido durante a campaña. Nas catro seguintes tempadas xogou no Avilés, as tres primeiras na Segunda e a última na Terceira División.

No verán de 1961 fichou polo Deportivo da Coruña, co que debutou nun encontro amigable contra o Racing de Ferrol en Riazor.[2] Con todo, non tivo sitio no equipo coruñés e en novembro saíu cedido xunto con Aneiros ao propio equipo ferrolán, que militaba na Terceira División.[3] Regresou á Coruña menos de dous meses despois para reforzar o Deportivo, que estaba a sufrir numerosas lesións no seu cadro de xogadores.[4] Marcou un gol no seu primeiro partido oficial co equipo branquiazul, nun derbi contra o Celta de Vigo en Riazor (2-0),[5] e xogou a maioría dos restantes partidos da tempada, marcando un total de catro goles e contribuíndo a que o equipo se proclamase campión de Segunda.

Na tempada 1962/63 debutou co Deportivo na Primeira División, disputando 19 encontros e descendendo ao final da competición. Na derradeira xornada contra o Betis resultou gravemente lesionado, pero con todo, o club renovou o seu contrato.[6] Reapareceu nos terreos de xogo en outubro de 1963, nas filas do Fabril, na Terceira División.[7] Xogou o resto da tempada co filial coruñés, coincidindo na dianteira con Beci e Pellicer. O equipo quedou na segunda posición do seu grupo e xogou a fase de ascenso a Segunda, caendo eliminado contra a Gimnástica de Torrelavega despois de dous partidos de desempate no Molinón.

Continuou no Fabril na seguinte tempada, reincorporándose ao primeiro equipo do Deportivo para os partidos da Copa do Xeneralísimo, contra Granada e Sporting de Gijón. Na tempada 1965/66 foi suplente no Deportivo, participando só en partidos amigables, e en marzo foi cedido xunto con Carlos ao Racing de Ferrol.[8]

A continuación regresou ao Avilés, onde xogou as seguintes dúas campañas, antes de pechar a súa carreira no Eldense en 1969.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Sporting de Gijón
Deportivo da Coruña
  1. "El Ferrol logra vencer al Gijón por dos a cero". La Noche (en castelán). 31 de outubro de 1955. p. 3. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  2. "Deportivo, 1-Ferrol, 0". La Noche (en castelán) (12478). 31 de agosto de 1961. p. 5. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  3. "Aneiros y Bellón fichan por el C. Ferrol". El Pueblo Gallego (en castelán) (12499). 29 de novembro de 1961. p. 12. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  4. "Bellón, cedido al Ferrol, llamado por el Deportivo". El Pueblo Gallego (en castelán) (12536). 1 de xaneiro de 1962. p. 9. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  5. Henry (15 de xaneiro de 1962). "R.C. Deportivo, 2 - R. C. Celta, 0". La Noche (en castelán) (12594). p. 7. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  6. "Nuevo contrato a Bellón". El Progreso (en castelán) (17332). 26 de abril de 1963. p. 6. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  7. "R. Gijón-R. C. Deportivo, a las cuatro y cuarto". La Noche (en castelán) (13061). 19 de outubro de 1963. p. 5. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  8. "Bellón y Carlos, al Ferrol". La Noche (en castelán) (13838). 16 de marzo de 1966. p. 8. Consultado o 21 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]