Festa da empanada de Chantada
Aparencia
A festa da empanada de Chantada é unha festa gastronómica que se celebra en Chantada como remate festas patronais na honra da Virxe do Carme a última semana de agosto. Esta xira campestre, semellante ás que se celebraron en outras vilas galegas, está documentada desde comezos do século XX. En 1950 tomou o nome de Festa da Empanada, por ser esta preparación a protagonista dos concursos nos que se presentaban as mellores viandas[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vázquez, X. M. (2014). Etnografía da Ribeira Sacra. p. 241.