Saltar ao contido

Fernando Olvera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fher Olvera»)
Modelo:BiografíaFernando Olvera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Puebla, México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, guitarrista, cantante, compositor, compositor de cancións Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock e música de América Latina Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2174519 BNE: XX1301604 Musicbrainz: 6e4ade31-1181-4083-aeaa-1a326eda715f Discogs: 129223 Editar o valor en Wikidata

Jose Fernando Emilio Olvera Sierra, coñecido como Fher Olvera, nado en Puebla, México, o 8 de decembro de 1959, é o compositor, guitarrista e vocalista da banda de rock mexicana Maná.

Licenciado en Comunicación pola Universidade de UNIVA, os seus inicios musicais remóntanse a cando estudaba primaria, época na que participaba no coro da escola no que cantaba temas de Agustín Lara e Consuelito Velázquez.

Traxectoria musical

[editar | editar a fonte]

O xermolo do que hoxe é Maná foi a banda Green Hat formada en 1978, que axiña pasou a chamarse Sombrero Verde (1980). Fher Olvera foi parte desta formación que, malia o nome e as cancións en inglés dun primeiro momento, axiña se identificou coas súas raíces latinas.

En 1986 a banda troca o seu nome polo de Maná. Desde a formación de Green Hat até a actualidade, Fernando Olvera está vencellado a esta banda, que sufriu moitos cambios ao longo dos anos.

Influencias musicais

[editar | editar a fonte]

O mesmo Fher Olvera di que desde neno escoitou moito rock, xa que era o xénero do que gustaban as súas irmás máis vellas. Destas primeiras influencias destacan The Beatles e The Doors. Na actualidade confesa ser un grande admirador de Paul McCartney e Sting, aos que desexa imitar no que se refire ao seu estilo

Compromiso social

[editar | editar a fonte]

Fernando Olvera é coñecido non só como artista musical, senón tamén polo seu compromiso social. Preocúpanlle os conflitos sociais, o medio ambiente... Neste senso, destaca a súa excelente relación con Bono de U2, quen tamén é coñecido polo seu compromiso social.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]