Maná
Maná | |
---|---|
Orixe | Guadalajara, México |
Período | 1987-actualidade |
Xénero(s) | Rock |
Selo(s) discográfico(s) | Universal Music |
Membros | Fernando Olvera Juan Calleros Alejandro González "El Animal" Sergio Vallín |
Antigos membros | Ulises Calleros Iván González Cesar López "Vampiro" |
Na rede | |
mana.com.mx | |
Maná é unha banda mexicana de Rock fundada en 1987 de grande éxito.
A banda ten gañado catro premios Grammy, sete Premios Grammy Latinos, cinco MTV Video Music Awards Latinoamérica, cinco Premios Juventud, quince Premios Billboard de la Música Latina e quince dos Premios Lo Nuestro. Ademais obtivo múltiples premios polo seu labor a favor do ecoloxismo[1] En 2012 formaron parte do paseo do rock en Hollywood, Estados Unidos.
O son da banda baséase no rock latino, ritmos latinos, pop latino e o rock en español.[2] Nun principio recibiron o éxito comercial internacional en México, Australia e España, e dende aquela teñen gañado popularidade e a exposición en toda América Latina, Estados Unidos, Europa Occidental, Asia e Oriente Medio. Maná ten vendido máis de 40 millóns de discos en todo o mundo, sendo unha das bandas de rock en castelán con maior rexistro de vendas.[3][4]
Formación
[editar | editar a fonte]Integrantes
[editar | editar a fonte]Maná (empezou en 1987)
- Fernando Olvera, voz (1987-)
- Juan Diego Calleros, Baixo (1987-)
- Sergio Vallin, guitarra (1995-)
- Alejandro González Trujillo, batería (1987-)
Ex-integrantes
[editar | editar a fonte]- Ulises Calleros, guitarra (1987-1992)
- Iván González, teclados (1992-1994)
- Cesar López "Vampiro", guitarra (1992-1994)
Músicos invitados
[editar | editar a fonte]- Juan Carlos Toribio, teclados (desde 1995)
- Fernando Vallín, guitarras e coros (desde 2002)
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- Alejandro Lora, en Falta amor
- Sebastián Trepode
- Carlos Santana, en Corazón espinado e todo o disco Revolución de amor.
- Rubén Blades, en Sábanas Frías
- Zucchero, en Baila morena e en Eres mi religión (en italiano)
- Juan Luis Guerra, en Bendita tu luz
- Shakira, en Mi verdad no álbum Cama incendiada (2015)
Maná en Galicia
[editar | editar a fonte]Maná visitou Galicia en varias ocasións a nivel profesional actuando por exemplo en Cambados en 2003 durante a súa xira Revolución de Amor[5]. Tamén visitaron varias veces a cidade da Coruña (a última vez o 26 de agosto de 2015 durante a súa xira Cama incendiada)[6].
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Maná (1987)
- Falta amor (1989)
- ¿Dónde jugarán los niños? (1991)
- Cuando los ángeles lloran (1995)
- Sueños líquidos (1997)
- Revolución de amor (2002)
- Amar es combatir (2006)
- Arde el cielo (2008)
- Drama y luz (2011)
- Exiliados en la Bahía: Lo Mejor de Maná (Recompilatorio - 2012)
- Você É Minha Religião: O Melhor de Maná (Recompilatorio - 2013)
- Cama incendiada (2015)
Discos en Vivo e DVDs
[editar | editar a fonte]Fundación Selva Negra
[editar | editar a fonte]Maná constituíu a Fundación Selva Negra en 1995[7] coa dirección de Mari González e Augusto Benavides[8] para financiar e apoiar importantes proxectos destinados a protexer o medio ambiente. Tamén co apoio do goberno de México nos esforzos para salvar a tartaruga mariña mediante o aumento de 140.000 ovos de tartaruga para a liberación na costa pacífica do país. O 7 de abril de 2008 Maná e a Fundación Selva Negra foron nomeados "Campión de Saúde"[9] pola Organización Panamericana de la Salud durante a celebración do Día Mundial da Saúde 2008 na sede da OPS en Washington[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://capsuladelrock.wordpress.com/mana-sabias-que/. (en castelán)
- ↑ http://www.allmusic.com/artist/man%C3%A1-mn0000673621/biography
- ↑ "Los mexicanos Maná preparan su nuevo disco en Miami". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 07 de setembro de 2015.
- ↑ Maná apuesta por un tono “positivo y esperanzador” para su próximo disco
- ↑ "Artigo de La Voz de Galicia de Maná en Cmabados". Arquivado dende o orixinal o 07/07/2014. Consultado o 07/09/2015.
- ↑ Noticia do concerto de Maná na Coruña en 2015 en La Voz de Galicia
- ↑ "Selva Negra Foundation formed". Latinmusic.about.com. 21 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2011.
- ↑ "Directors of Selva Negra Foundation". Selvanegra.org.mx. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2011.
- ↑ http://capsuladelrock.wordpress.com/mana-sabias-que/ (En Español)
- ↑ "Selva Negra Foundation named Champion of Health". Paho.org. 7 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2011.