Alejandro González Trujillo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1969 (55 anos) Miami, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | compositor, guitarrista, cantante, batería |
Período de actividade | 1980 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock |
Tesitura | Lyric tenor (en) |
Instrumento | Batería |
Alejandro González, ("Álex", "El Animal"), nado en Miami o 24 de febreiro de 1969, é un batería e compositor mexicano, membro do grupo de rock Maná, do que forma parte desde 1984, cando aínda se chamaba Sombrero Verde.
Biografía
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]Naceu en Miami, Florida (EUA), de pai colombiano e nai cubana. A súa afección pola percusión venlle de moi pequeno. Aos catro anos a súa mestra regaloulle unha batería de xoguete, a primeira que tivo e a que tocou até que, aos doce anos, comezou a pensar en entrar nunha banda.
De Sombrero Verde a Maná
[editar | editar a fonte]Cando Abraham Callejos saíu de Sombrero Verde os integrantes deste grupo puxeron un anuncio no xornal para buscar un novo batería. O seu padrasto viuno e amosoullo. Chamou e contestoulle Fher Olvera e entusiasmouse cando soubo que o grupo que solicitaba o batería era Sombrero Verde, xa que era un grupo moi coñecido entón en Guadalajara. Preferiu ser o último en realizar a proba e a Fher Olvera gustoulle a súa forma de tocar e presentoullo á banda. Aínda que, dado o escaso éxito de Maná nos seus comezos (despois de cambiar de nome), pensou en marchar do grupo, Fher Olvera convenceuno para que non o fixese. Desde entón Alejandro González é o batería.
Batería
[editar | editar a fonte]Estilo e influencias
[editar | editar a fonte]- Ringo Starr, foi o primeiro batería que viu, cando observou a The Beatles na tela. Cando o viu dixo: “Iso é o que quero facer o resto da miña vida”. As cancións de Abbey Road foron das primeiras que tocou.
- John Bonham, batería de Led Zeppelin.
- Keith Moon, batería de The Who, do que lle gustaba a súa rapidez, a súa presenza escénica e as loucuras que facía dentro e fóra do escenario.
- Stewart Copeland, batería de The Police, a súa influencia en pegarlle duro aos tambores, segundo recoñece o mesmo Álex González.
- Outras influencias son, por exemplo, Phil Collins, Terry Bozzio, Travis Barker, Patricio de Santa Sabina, Abraham Callejos ou Héctor Navarrete (que non toca en ningún grupo de renome, mais admírao).
Batería que usa
[editar | editar a fonte]É batería exclusivo para DW Drums, usa parches Remo e sempre platillos Paiste.