Saltar ao contido

Fiat CR.32

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fiat CR.32
CR.32 da aviación sueca
Tipocaza
FabricanteFiat
Deseñado porCelestino Rosatelli
Primeiro voo28 de abril de 1933
Retirado1953
Unidades construídasUns 1.100

O Fiat CR.32 foi un caza biplano italiano usado durante a guerra civil española e a segunda guerra mundial. Fixo o seu primeiro voo o 28 de abril de 1933 e foi o principal caza de Italia durante os anos 30. Desenvolveuse a partir do CR.30, do que conservaba a estrutura metálica con revestimento de tea e metal, pero era máis pequeno e máis áxil. Construíronse unhas 1.100 unidades deste avión.

O CR.32 loitou na guerra civil española e na segunda guerra mundial. Durante a guerra civil española foi o caza máis numeroso do bando nacionalista e dos seus aliados italianos. Os primeiros exemplares chegaron a Marrocos a comezos de agosto de 1936, pouco despois de iniciarse a guerra. En total chegarían 380 unidades. Na segunda guerra mundial operou nos teatros do norte e leste de África, Albania e o Mediterráneo.