Saltar ao contido

Fidel Mato Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFidel Mato Vázquez
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1927 Editar o valor en Wikidata
Lalín, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de outubro de 2006 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro químico, tradutor, escritor, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Valladolid
Universidade de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1025536

Fidel Mato Vázquez, nado en Mato (Lalín) o 20 de outubro de 1927 e finado en Valladolid o 24 de outubro de 2006, foi un enxeñeiro químico galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cursou os seus primeiros estudos na escola de Cercio. Cando tiña cinco anos morreu o seu pai, e cando tiña oito xunto coaa nai e os irmáns trasládanse a Castelo á casa dos seus tíos. Fixo o bacharelato como alumno interno no colexio dos Maristas de Lugo. Logo estudou na Universidade de Santiago de Compostela simultaneamente Ciencias Químicas e Farmacia. En 1958 aceptou unha praza de profesor adxunto na Facultade de Químicas da Universidade de Valladolid. En 1959 obtivo por oposición a cátedra de Química Técnica da Universidade de Salamanca.[1] Nesa época comezou a súa colaboración coa editorial Reverté como tradutor de libros técnicos. En 1968 obtivo o traslado á cátedra de Química Técnica de Valladolid,[2] onde desenvolveu o resto da súa vida universitaria. A súa actividade investigadora centrouse na medida de propiedades de mesturas e no equilibrio entre fases, principalmente no equilibrio líquido-vapor.

Nos anos setenta foi nomeado primeiro Director da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Agrícola de Palencia,[3] e despois director da actual Escola de Enxeñerías Industriais da Universidade de Valladolid.

A partir dos anos oitenta abordou, xunto a outros profesores, a transformación da materia de Química Técnica nunha carreira universitaria orientada á ensinanza da enxeñería química.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Medalla da Universidade de Valladolid.
  • Encomenda con placa da Orde Civil de Afonso X o Sabio.
  • Medalla de ouro de Enxeñería Química da Universidade de Valladolid.
  1. «BOE» núm. 10, de 12 de xaneiro de 1960, páxinas 473 a 473.
  2. «BOE» núm. 104, de 30 de abril de 1968, páxinas 6376 a 6376.
  3. «BOE» núm. 304, de 20 de decembro de 1972, páxinas 22717 a 22717.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Homenaje a los profesores Fidel Mato Vázquez y Jesús Santos López (publicación da Universidade de Valladolid).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]