Saltar ao contido

Cercio, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cercio
Igrexa de Santiago de Cercio.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°45′13″N 8°07′30″O / 42.7535316, -8.1249386
Área3,9 km²
Poboación246 hab. (2011)
Densidade63,08 hab./km²
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Cercio é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 246 habitantes (126 mulleres e 120 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 285 habitantes.

Nesta parroquia fundouse a Banda de música de Mato.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Cercio (Lalín).
CEIP Plurilingüe Varela Buxán de Cercio (Lalín)

Cercio conserva unha igrexa construída no ano 1700 e un cruceiro levantado en 1908. No chamado Coto das Covas consérvase a entrada dunha escavación subterránea, da que se di que os romanos extraeron ferro, estaño e volframio, aínda que semella máis unha simple cala de prospección.

Cercio conta cun colexio público, chamado CEIP Plurilingüe Varela Buxán.[2] As especialidades impartidas nel son: Música, Relixión, Educación Física, Inglés e Seccións bilingües.

Dito Colexio leva o nome de Varela Buxán en conmemoración ao escritor e director teatral galego Manuel Daniel Varela Buxán, nado en Lamas (A Estrada) o 2 de marzo de 1909 e finado en Cercio (Lalín) o 25 de setembro de 1986.

Na parroquia tamén se encontra unha Sociedade cooperativa, Cobideza.[3] Foi fundada no ano 1994, aínda que xa funcionaba como unha agrupación de gandeiros a finais dos anos 80. Na actualidade esta Sociedade conta con 250 socios (155 deles produtores de leite) dos seguintes concellos: Lalín, Agolada, Vila de Cruces e Silleda. Os servizos que se ofrecen son a comercialización de leite crúa, servizo de maquinaria, servizo de veterinarios, servizo agronómico, servizo de alimentación, servizo de substitución, servizo farmacéutico e tramitación de seguros agrogandeiros.

Cercio conta cun grupo de baile e música tradicional denominado A Carballeira de Cercio.[4] Creada en 1997 por Juan Morandeira e constituída actualmente por 30 compoñentes de diferentes idades que actúan en Festivais de folclore, tanto en Galicia como en diferentes provincias da Península.

O 14 e o 15 de setembro celebra as súas festas patronais, en honor á Virxe dos Milagres.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Cercio

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Cercio no concello de Lalín (Pontevedra)

Cercio de Abaixo | Cercio de Arriba | Chares | Loucenzo | Mato | As Pallotas | Santa Baia | Xirón

Parroquias de Lalín

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]