Saltar ao contido

Rodís, Lalín

Rodís
Igrexa de San Xiao de Rodís.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°45′17″N 8°05′17″O / 42.754666666667, -8.0880833333333
Área2 km²
Poboación113 hab. (2011)
Densidade56,5 hab./km²
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xiao de Rodís é unha parroquia do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 113 habitantes (58 mulleres e 55 homes), 27 menos que en 1999.Ten catro entidades de poboación,

Está situada na confluencia dos ríos Cello e Arnego, linda con Cangas, parroquia da que antes formaba parte.

Xentilicio

[editar | editar a fonte]

O seu xentilicio é rodiseiro[2].

Rodís foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando pasou a ser anexo de Santa Mariña de Cangas.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Xiao de Rodís é románica, e conserva a súa estrutura orixinal: corpo de pedra, ábsida rectangular, porta principal con arco sobre columnas e lateral con lintel pentagonal e arco triunfal. Só o campanario barroco e a sancristía son posteriores. Nos capiteis aparecen representadas cunchas de peregrino.

A mediados do século XIX púxose en marcha na parroquia unha industria papeleira que funcionou até finais do século. O esqueleto da nave segue en pé. Ao seu carón medra unha árbore de incenso.

O castro de Palio de Riba ten un recinto principal de planta ovalada irregular cun eixo maior de orientación NL-SO, que mide uns 115 m no exterior e uns 75 no interior. O seu eixo menor ten unhas dimensións no seu punto máis ancho (na zona central) duns 85 m ao interior e uns 60 m ao interior. O recinto está defendido en todo o seu contorno por un terraplén que presenta menor caída na zona sueste, a máis afectada polo labor agrícola. As súas defensas no resto do perímetro son impoñentes polo forte desnivel, cunha caída máxima duns 6 m. Segundo o plano topográfico e o modelo dixital do terreo (extraído dos datos LIDAR) vense tamén o que poderían ser restos dun foxo na zona NL, defendido por un parapeto exterior, mais a densidade da vexetación neste punto dificulta a súa determinación. A coroa na súa beira leste aparece defendida por un parapeto aparentemente de terra que se estende ao longo duns 30 metros cunha anchura de 2 m. O desnivel cara ao interior é de 1 m e 2 m polo exterior. A entrada sitúase no sur-suroeste e vén marcada por unha interrupción do terraplén. Na zona NNO aparecen restos dun foxo, aínda que a densa vexetación neste punto dificulta a súa inspección.[3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Rodís

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Rodís no concello de Lalín (Pontevedra)

Os Chaos | O Muíño | Palio de Abaixo | Palio de Arriba | Raña | Rodís da Igrexa | Rodís do Cabo | Rodís do Medio

Parroquias de Lalín

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]