Saltar ao contido

Goiás, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Goiás
Igrexa parroquial.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°40′41″N 8°06′03″O / 42.6779598, -8.1008453
Área4,5 km²
Poboación729 hab. (2011)
Densidade162 hab./km²
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

San Miguel de Goiás é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 729 habitantes (365 mulleres e 364 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 806 habitantes.

Nesta parroquia existiu unha banda de música, a Banda de música de Goiás. Ademais, aquí naceron o historiador Xosé García Oro e o político Manuel Abeledo López.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

O castro de Goiás consta dun recinto de forma perfectamente circular de 65 m de diámetro medido no interior e 80 m no exterior, defendido en todo o seu perímetro por un terraplén. Na súa metade norte conserva ademais un parapeto duns 4 m ou 5 m de ancho que ten unha caída cara ao interior de entre 2 m e 3 m. Na metade sur parece que o terreo levanta un pouco cara ao exterior pero non se ve parapeto. O terraplén ten unha caída ao exterior duns 7 m como media. A coroa presenta un afloramento rochoso na zona central. Esta zona non se pode inspeccionar por mor da vexetación.[2]

A igrexa parroquial que data do século XII coa súa fachada con dous arcos cegos. Posteriormente engadíuselle a capela dos Salgado Gundín, de traza renacentista. A parroquia pertence á diocese de Lugo.

No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz, recóllese que San Miguel de Goiás se sitúa ao NE e inmediacións da capital do partido con "libre ventilación y clima saludable". O Diccionario refire que ten 100 casas distribuídas nas aldeas de Beilá (sic. por Bailás), Casares, Casasnovas (sic. por As Casas Novas), Cázome (sic. por Cáceme), Cotarelo, Delaparte, Iglesia (sic. por A Igrexa), Palmar (sic. por Palmaz), Pareizo, Ponte (sic. por A Ponte), Porcallos (sic. por Os Porcallos), Reboira (sic. pola Reboira), Toxo (sic. polo Toxo) e Veiga (sic. por A Veiga). A igrexa parroquial, baixo advocación está neste tempo por un cura de "segundo ascenso y patronato lego". Confina o termo coas freguesías de Lalín, Filgueira, Pena e Maceira. O terreo descríbese como quebrado, montesío e de mediana calidade. Abrollan en varios puntos fontes de boas augas, que aproveitan os veciños para uso doméstico e outros usos. Os camiños son locais e malos, o correo recíbese en Lalín. A súa produción consiste nalgún trigo, millo, centeo, patacas, legumes, leña e pastos. Hai gando vacún, mular, porcino, ovino e caprino así como caza de distintas clases. O Diccionario recolle unha poboación de 117 "veciños", 580 almas[3].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Goiás

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Goiás no concello de Lalín (Pontevedra)

Bailás | Cáceme | Casares | As Casas Novas | Cotarelo | Delaparte | A Igrexa | Palmaz | Pareizo | Os Porcallos | O Toxo

Parroquias de Lalín

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]